Cataluña vota independentismo, pero eleva a primeira forza a Ciudadanos e deixa afundido ó PP

ERC, Junts per Catalunya e a CUP poderán constituír de novo unha maioría absoluta que retome o camiño do proceso independentista, freado pola aplicación do artigo 155 da Constitución española. Con todo, Ciudadanos marca un fito ao converterse na primeira forza política neste país. O PP pasa a ser un partido residual. Os independentistas gañan en escanos pero perden en votos.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 21/12/2017 | Actualizada ás 23:02

Comparte esta noticia

Cataluña votou independentismo. Junts per Catalunya (34 escanos)Esquerra Republicana de Catalunya (32) e a CUP (4) superan xuntos en dous escanos os 68 que marcan a maioría absoluta no Parlament catalán. Con todo, Ciudadanos muda de xeito radical o panorama político en Cataluña ao converterse, sorprendentemente, na primeira forza política, con 37 deputados.

Masiva participación en Barcelona, na decisiva xornada de eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución
Masiva participación en Barcelona, na decisiva xornada de eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución | Fonte: Miguel Núñez

Carles Puigdemont salvou a súa carreira política, a do seu partido, o PDeCAT —transmutado en Junts per Catalunya (JpC) para estes comicios—, e as aspiracións do independentismo catalán. A candidatura que lideraba o último presidente da Generalitat, autoexiliado en Bruxelas, conseguiu superar todas as expectativas e evitou o sorpasso de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), mais non o de Ciudadanos, que marcou un fito ao converterse na primeira forza en Cataluña. Con todo, os independentistas poderán volver constituír unha nova maoiría absoluta sumando os escanos de JpC, ERC e a CUP.

Porén, a CUP, o partido que máis firme se mostrou no proceso independetista, sufriu un duro golpe ao perder máis da metade dos escanos que tiña, pasando de 10 a tan só 4.

PUIGDEMONT GAÑA NO EXILIO A JUNQUERAS NO CÁRCERE

A desputa aberta que nos últimos tempos mantiveron JpC e ERC semellaba, cando menos nas enquisas, favorable aos segundos. Pero a candidatura liderada por Puigdemont deu a sorpresa e afianzouse como a grande alternativa do independentismo catalán, con 34 escanos, tres menos que Ciudadanos.

Os líderes de Esquerra Republicana de Catalunya en Barcelona, tras coñecer que quedaron como terceira forza política nas decisivas eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución
Os líderes de Esquerra Republicana de Catalunya en Barcelona, tras coñecer que quedaron como terceira forza política nas decisivas eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución | Fonte: Miguel Núñez

A gran decepción foi para ERC, que se cría favorita logo de verse como gañadora en todas as enquisas previas a estas eleccións. Pero só logrou 32 escanos, cinco menos que Ciudadanos e tres menos que JpC. Parece que o exilio en Bruxelas de Puigdemont e a súa campaña virtual, con aparicións mediante videoconferencias nos mitins, tivo máis impacto na sociedade catalá que o encarceramento de Oriol Junqueras, o líder de ERC.

FITO DE CIUDADANOS

Con todo, a gran sorpresa foi a vitoria de Ciudadanos, un partido que pasou de tan só tres escanos nas eleccións catalás de 2006 aos 37 que conseguiu nestes últimos comicios. Esta suba espectacular, que converte ao partido liderado por Inés Arrimadas na primeira forza política en Cataluña, debeuse principalmente ao voto útil que recibiu dunha maioría dos cidadáns en contra do proceso independentista. Ese voto útil chegou principalmente por dúas vías: o aumento espectacular da participación, a maior da historia, e polo transvase de votos do PP, case ao bordo da desaparición en Cataluña.

Esta é a terceira vez que un partido non nacionalista é o máis votado nunhas autonómicas en Cataluña. As dúas anteriores ocasión gañaron os socialistas, en 1999 e 2003. É dicir, dos 12 comicios celebrados dende 1980, en nove gañou unha forza nacionalista e en tan só tres ocasións o máis votado foi un partido non nacionalista.

A vitoria de Ciudadanos tamén chama a atención porque é a primeira vez que un partido se converte na primeira forza política sen gobernar unha soa alcaldía.

DESFEITA DO PP E ESCASO IMPACTO DO SOCIALISMO

O electorado catalán castigou a Candidatura d'Unitat Popular, os Comúns e, sobre todo, o PP, que queda estragado, pasando a ser un partido residual en Cataluña con tan só tres deputados, oito menos que na anterior lexislatura. Uns resultados desastrosos que non só cuestionan a intervención de Cataluña por parte do Goberno central liderado por Mariano Rajoy mediante a aplicación do artigo 155, senón tamén o papel xogado polo líder do partido en Cataluña, Xavier García Albiol, que sempre mantivo o discurso máis reaccionario non só contra o independentismo, senón contra toda manifestación de identidade nacional catalá e tamén contra colectivos como os inmigrantes.

O outro gran partido estatal, o PSOE, representado polo Partido Socialista Catalán (PSC), recupera algo de folgo en Cataluña, pero moi pouco, pasando de 16 a 17 escanos, insuficientes para afianzar unha alternativa ao independentismo. Un resultado moi por debaixo do que agardaban e que deixa aos socialistas cun sabor amargo.

CAÍDA DOS COMÚNS

A ambigüidade do seu discurso tamén pasou factura a Catalunya en Comú Podem, que perdeu tres escanos, pasando de 11 a 8. Posiblemente boa parte dos seus votantes optaron nesta ocasión polo PSC, que gaña un deputado. Nin as arengas de Pablo Iglesias, líder de Podemos, nin o apoio de Ada Colau, alcaldesa de Barcelona, conseguiron elevar o apoio á candidatura liderada por Xavier Domènech.

A CUP, CHAVE PARA REABRIR O PROCESO INDEPENDENTISTA

Así as cousas, Cataluña segue partida en dous: os independentistas gañan en escanos pero perden en votos. Agora queda por ver se Puigdemont e Junqueras arranxan as súas diferenzas, expostas publicamente nos últimos días por facerse co liderado do independentismo catalán, e logran chegar a un acordo de goberno que debería facer de novo a Puigdemont presidente da Generalitat. 

Pero para consolidar unha maioría absoluta e revitalizar o proceso independentista, freado pola aplicación do artigo 155 da Constitución, deberán contar de novo co apoio dunha CUP agora máis debilitada pero que segue sendo a chave para continuar polo camiño do secesionismo.

Tamén queda por ver que sucederá con Puigdemont e Junqueras. No caso de reeditarse o último Govern catalán, co primeiro como presidente e o segundo como vicepresidente, Cataluña tería aos seus dous máximos dirixentes no exilio e no cárcere, unha situación inédita nunha democracia avanzada.

Por outro lado, o escenario máis que probable cun novo Executivo independentista obriga ao Goberno central a asumir unha realidade que negou e que ten que levar a abrir a vía do diálogo para non enquistar a situación en Cataluña e a súa relación co Estado.

A sede de Esquerra Republicana de Catalunya en Barcelona, durante o reconto de votos na decisiva xornada de eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución
A sede de Esquerra Republicana de Catalunya en Barcelona, durante o reconto de votos na decisiva xornada de eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

5 LKI

Según o Sermóns Mejuto, "en Catalunya gañou o BeNeGá".

1 comunista independentista

Coma sempre, o Bloque só gaña as eleccións ás que non se presenta.

4 Eu mesmo

Quédome con dúas notas: o afundimento do PP, malia os apoios mediáticos, xurídicos e do BOE e coa redución ao absurdo de Podemos. Próximo video de Carmen Santos???

3 antiburras

Creo que para os que somos de ESQUERDAS, a lectura é : En Catalunya a dereita tan maioría absoluta: Ciudadanos, Junst per Catalunya e PP

2 Pondaliao

Gañouu o ultraliberalismo (ciu e c's)

1 Equidistando

E Podemos e os seus aliados continuan a perder votos por non apostar en serio por ser unha forza federal e republicana... Non queren ou non poden? Ti que opinas...

2 Pondaliao

Os resultados están á vista. E aposto a que en Galicia irán en solitario,

1 Kilo

Estupendo. Comienza la desaparición del PP, esa maquina corrupta, caciquil y contemporizadora con el nacionalismo, y se empieza a ver su sustitución por una fuerza joven y sin complejos como Ciudadanos. Alber Rivera: próximo presidente del gobierno de España.

1 Equidistando

Coñeces o significado de vitoria pirrica ? E ademais a curtisima distancia de Puchemon. O que houbo foi unha redistribucion de forzas que vos beneficiou. Demostrouse tamen coma moitos sostemos que o voto ninista e volatil e seguramente alguns optaron pola tua opcion. Todo o que sobe rapido baixa rapido. Preguntalle ao do comentario anterior que anda a consolarse con topicos. De todos xeitos parabens. Cando menos vos non escondedes o que sodes e tedes un discurso coherente. Todo o contrario de Podemos e xa non opino sobre os mareantes que se din nacionalistas galegos.

2 Equidistando

E por certo vou facer unha aposta arriscada. A ver se o proximo presidente se chama Pedro e o vicepresidente Iñigo? Non saber ler os tempos historicos e unha gran desgraza.