As 'escusas' da Garda Civil no caso Diana Quer

Os responsábeis da investigación da desaparición da moza madrileña tentan explicar a tardanza na detención de José Enrique Abuín Gey malia ser o principal sospeitoso dende un ano antes e a posibilidade real de que tivese reincidido, como ocorreu o día de Nadal en Boiro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/01/2018 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

“Difícilmente ninguna otra policía del mundo hubiera hecho más”, remataba Manuel Sánchez Corbí, coronel xefe da UCO (Unidad Central Operativa), a rolda de prensa sen precedentes que os investigadores, xunto co delegado do Goberno, ofreceron o pasado martes na Coruña para explicar os detalles do caso Diana Quer.

Mariano Rajoy felicitou o coronel Jambrina na inauguración da AP-9 en Santiago.
Mariano Rajoy felicitou o coronel Jambrina na inauguración da AP-9 en Santiago. | Fonte: @marianorajoy

Para a Garda Civil, José Enrique Abuín Gey, alcumado O Chicle, xa era en novembro do 2016 o principal sospeitoso da desaparición da moza madrileña na Pobra do Caramiñal en agosto dese mesmo ano. Un ano despois, en agosto do 2017, os axentes recrearon o sucedido coincidindo coas festas patronais, encaixaron a peza que lles faltaba e O Chicle pasou a converterse no único sospeitoso.

Malia a todo, non foi ata o venres 29 de decembro, días despois de que Enrique Abuín tentase outro secuestro en Boiro no día de Nadal, cun modus operandi similar, e após unha “gravísima” filtración en prensa que revelaba o traslado de decenas de axentes da UCO a Galicia, que a Garda Civil procedeu a súa detención. O domingo 31, O Chicle conduciu a Garda Civil ata o corpo de Diana Quer, agochado a dez metros de profundidade nun alxibe dunha nave abandonada da parroquia de Asados, en Rianxo, a escasos 200 metros da súa vivenda familiar.

Dende a aparición do cadáver da moza madrileña, os principais responsábeis da investigación (Manuel Sánchez Corbí, coronel xefe da UCO, e Francisco Javier Jambrina, coronel xefe da Comandancia da Coruña) tentan, sen moito éxito, despexar as dúbidas pola tardanza na detención de Enrique Abuín Gey. Incluso recoñecen unha e outra vez que puido ter habido máis dianas e que non agardaban que O Chicle puidese reincidir: só a resistencia da muller de Boiro e a aparición de dous rapaces impediron que Abuín repetise o secuestro no día de Nadal.

A COARTADA: dende o primeiro momento, Enrique Abuín “non daba unha coartada coherente”, nas verbas do coronel Jambrina. A coartada que ofrecían ao sospeitoso a muller e os cuñados retrasou a súa detención, pero a Garda Civil non lle daba ningunha credibilidade. Os teléfonos da parella non coincidían: o de Enrique Abuín repetía o posible itinerario de Diana Quer no percorrido pola ría, mentres que o da muller non se moveu da casa en toda a noite.

OS TELÉFONOS: Enrique Abuín sabía que lle seguían o rastro e amosouse disposto a colaborar. Entregou un teléfono aos axentes, mais non era o que levaba esa noite. A Guardia Civil pediulle o outro, e entregouno pero reseteado.

ANTENAS: as antenas de telefonía situaban xuntos o móbil do Chicle e o de Diana Quer entre as 2:42 e as 2:58 horas da noite da súa desaparición, agás no momento de abandonar A Pobra; segundo os repetidores facíano por distintas saídas. Non foi ata un ano despois, cando reconstruíron os feitos o día das festas patronais do Carme dos Pincheiros, que se decataron de que a saturación de liñas polas grandes concentracións de xente provocan saltos nas redes de telefonía.

TRES COCHES: á hora na que o telefóno de Diana Quer pasaba pola ponte da ría, había tres coches cruzando o viaducto de Taragoña: un vehículo con remolque que nunca se identificou, outro que se descartou porque se comprobou a súa coartada e un terceiro, o Alfa Romeo gris do sospeitoso. Segundo a Garda Civil, dende aquel momento O Chicle tiña o 50% de posibilidades de ser o autor da desaparición.

A NAVE DE RIANXO: Enrique Abuín era o principal sospeitoso, a Garda Civil buscaba o corpo en casas e naves pechadas ou abandonadas. Publicouse tamén que outro obxectivo eran os pozos. Pero a fábrica abandonada de Asados, malia estar a 200 metros da casa familiar do Chicle, onde se criou, nunca foi rexistrada. O coronel xefe Jambrina insiste unha e outra vez: “Se trata de una propiedad privada y no había indicios racionales de que allí hubiera pasado nada. No se puede entrar en una propiedad privada simplemente porque está abandonada.

REINCIDENCIA: Enrique Abuín Gey volveuno intentar o día de Nadal en Boiro cunha muller de 28 anos. A vítima resistiuse, a chegada de dous mozos obrigaron O Chicle a fuxir e a muller quedouse con parte da matrícula do Alfa Romeo, grabou por accidente o momento da lea coa opción de voz do WhatsApp e recoñeceu posteriormente o seu agresor. Aínda así, os investigadores seguiron ultimando os informes. Non foi ata o día 29, após da filtración en prensa da chegada de decenas de axentes de Madrid, que procederon a súa detención.

REAPERTURA DO CASO: cando Enrique Abuín xa era o sospeitoso inequívoco, "en noviembre se plantea todo esto al juez", apunta o coronel Jambrina. O xuíz pediu todo iso por escrito cun “informe que le convenza”. Cando O Chicle reincide, a investigación ultimaba aínda ese informe. “Si lo hubiéramos detenido entonces, hubiera sido precipitado. Nuestra intención era que el juez reabriera la causa”, apunta Jambrina.

O CADÁVER: nunha entrevista publicada en La Voz de Galicia, o capitán da policía xudicial da Garda Civil da Coruña, José Ángel Corral, recoñeceu que “si el Chicle no se viene abajo y dice dónde está, probablemente nunca” terían atopado o corpo de Diana Quer. “Hay que pensar además que, si lo hubiéramos detenido sin estar todo bien atado y se nos cerrase en banda, podríamos habernos quedado sin Diana. Y nuestro principal objetivo era encontrar a Diana, viva o muerta. Nunca habríamos terminado el caso, no se habría cerrado”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 anonimo9278

Internet, ese lugar donde unos tipos que no sabrían por dónde empezar si les robasen el coche se permiten el lujo de aleccionar a la Guardia Civil acerca de cómo resolver un caso de desaparición de una adolescente.

1 anónima007

Tes razón, pero Internet tamén é o lugar no que acontecen feitos coma este: http://www.publico.es/tremending/20... E no que alguén ten tan pouca imaxinación coma para escoller un seudónimo coma o teu. Grazas por alegrarme a mañá coa túa escolla de seudónimo... Aínda non parei de rir dende hai 20 minutos.

4 Repenique

A Guardia Civil non da unha. Fallou no caso Diana Quer igual que non foi capaz de frear a independencia de Cataluña nin meter na cadea aos a Junqueras e Cia. Villares e Pontón poden declarar a independencia que ao día seguinte Feijoo está fora.

2 Antiburras

Esta é a nova máis importante de canto sucede en Galicia para Galicia Confidencial ? Por que é á que lle dedicades más tempo e máis espazoa

1 Argonauta

En Resumo: uns Resabiados e (en cinco palabras) In com pe ten tes...este Resolvérono (de flautada) grazas aos Herois Boirenses.......a ringleira de casos de Desaparicións de Féminas.... que hai sen resover...vai-che boa...... per calendas grecas........

1 anonimo

É a mellor Guardia Civil do mundo e tal.

2 En fin

Menudo me mo