A Xunta gastará 25.000 euros nun 'community manager' para promocionar a Semana Santa

Convoca un concurso para que unha empresa externa realice un "Social Media Plan" para dinamizar o turismo en redes sociais que custará 80.000 euros. Tamén gastará 420.000 euros en publicidade en medios dixitais para promoción turística.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 17/01/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

“Impulsar un conxunto de estratexias e accións de comunicación dixital da campaña de promoción dos recursos naturais e culturais de Galicia, así como do Camiño de Santiago en particular, coa intención de manter a sensibilización da poboación galega, nacional e internacional así como aos sectores implicados sobre os valores do turismo en Galicia en Internet e redes socias”. Estes son os obxectivos xenéricos dunha campaña que Turismo de Galicia quere poñer en marcha neste 2018 dirixida específicamente aos medios en Internet.

Peregrinos do Camiño de Santiago (A Coruña)
Peregrinos do Camiño de Santiago (A Coruña)

En total será medio millón os euros que a Xunta destinará a esta campaña; 420.000 deles para contratar publicidade en medios dixitais e 80.000 para externalizar os servizos de promoción do turismo galego con estratexias de comunicación nas redes sociais. Deste xeito, e con esta contratación externa, pretende contratar a un Community Manager que execute un para a Axencia de Turismo de Galicia e, para iso, a empresa adxudicatara elaborará contidos (textos, imaxes e vídios) para a súa difusión nas redes sociais.

E cal será a principal función do dinamizador de redes de Turismo de Galicia?, pois mover en redes sociais, sobre todo, a Semana Santa de Galicia. Un obxectivo turístico “estratéxico” que custará 25.000 euros. E, en segundo lugar, dar pulo tamén ás últimas rutas incorporadas ao Camiño de Santiago: Camiño de Inverno e Camiño Portugués da Costa en Facebook e en Twitter. Un traballo para o que se destinarán 20.000 euros.

FACEBOOK, TWITTER E INSTAGRAM 

Ademais da difusión do turismo de Galicia e do Camiño de Santiago, a estratexia de Commnity management de Turismo de Galicia, segundo recolle o prego de condicións do concurso, deberá ter en conta tamén o incremento de likes, seguidores ou visionados de material gráfico e audiovisual das mesmas. Para iso, pídese, tan só, “realizar, como mínimo, 4 insercións diarias con texto e imaxe distribuídas ao longo da xornada en cada unha das contas de Turismo de Galicia e o Camiño de Santiago”. 

Semana Santa de Cangas
Semana Santa de Cangas

Ademais, a empresa que resulte seleccionada deberá inserir 3 post á semana en cada un dos dous blogs de Turismo de Galicia, relacionados co turismo en xeral e o Camiño de Santiago. Publicacións que serán en galego, castelán e inglés.  Tamén deberá enviar un “newsletter” a entre 20.000 e 30.000 enderezos electrónicos que lle cederá Turismo de Galicia. Usarase, principalmente, Facebook e Twitter, pero tamén Instagram.

PUBLICIDADE

Por outra banda, a maior parte do diñeiro deste concurso público será para pagar publicidade en medios dixitais coa finalidade de “xerar notoriedade de marca, apoiar a comercialización dos produtos turísticos de Galicia e incrementar o número de visitas á web da Axencia de Turismo de Galicia e do Camiño de Santiago en medios pagados”. En total, 420.000 euros.

Por iso, Turismo realizará unha campaña específica en medios dixitais para contratar espazos, principalmente, en medios non nativos, é dicir, nos xornais dixitais dos grandes grupos de comunicación e non nos medios que naceron e crecen directamente na rede. Isto implica que a maior parte do orzamento irá para os grupos de sempre, entre os que están o grupo Voz ou Prensa Ibérica, entre outros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

3 Onde está a polémica?

Normal. Non sei como alguén pode criticar que se invista en promocionar actos culturais (sí, culturais, a relixión católica e parte da cultura deste país moleste a quen moleste) que repercuten de xeito beneficioso nun gran número de sectores da sociedade. Bueno, sempre haberá algún pampo que pensa que é mellor gastalos en promocionar actos da quincallada nacionalista dos que non se obtén nin beneficio económico nin cultural, salvo os catro canchiflos que van comer e beber gratis.

1 Cipollina en Tabarrarnia

Exactamente en que sectores? Moi moderadamente no turismo interno. Podes mencionar algún estudo que avale a túa tese? Por que ao mellor se consegue máis produtividade económica contratando a unha grande orquestra desas que tanto gustan por eses lares. Xa ves o que pasa cando se argumenta con hargumentos e descualificacións aos outros nacionalistas. Calquera que teña memoria histórica lembra coma no franquismo se usaban estas procesións e coma as señoras levaban a súa mantilla mentres as pobres coma moito miraban.

2 Cipollina en Tabarrarnia

Non sei se vos decatades do ridículo que é sempre imitar o foráneo só por ser foráneo. Se eu quixese vivir unha Semana Santa vivida coma católica e pura nas súas raigames culturais e relixiosas iría a Castela. Ademais podería ver as impactantes tallas que non se che parecen en nada as que sacan en Ferrol, por exemplo. Se eu quixese ver unha Semana Santa na que se mesturan elementos culturais moi diversos mesmo precristiás iría a Andalucía... https://www.elnacional.cat/es/polit... En calquera caso, eu son máis machadiana: https://www.youtube.com/watch?v=QvS... ¡No puedo cantar, ni quiero a ese Jesús del madero, sino al que anduvo en el mar! Antonio Machado

2 Breogán

Isto é un estado laico? Logo queixamonos de Turquía e outros.

1 RAMIRO DE YOLI

Ata os 70.000 euros que gastou Yoli Procesiones en Ferrol ¡¡¡