Cumio de universidades de Oriente Medio en Compostela

Xuntaranse representantes da India, Líbano, Irán ou Exipt para analizar proxectos realicionados coa mobilidade entre estudantes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/01/2018 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Compostela acolle a vindeira semana a segunda edición da Staff Week, un encontro no que participarán membros da comunidade universitaria de máis dunha decena de países entre os que se atopan India, Líbano, Irán ou Exipto cos que a Universidade compostelá colabora en materia de mobilidade.

Estudantes no Pazo de San Xerome, sede da USC
Estudantes no Pazo de San Xerome, sede da USC | Fonte: sostenibleycreativa.org

A xuntanza enmárcase no Programa Erasmus + KA 107 e ten como obxectivo primordial fomentar o traballo en rede entre as máis de 30 universidades participantes e  poñer en común metodoloxías de traballo que revertan nunha optimización na xestión e difusión dos programas de mobilidade nos que participan todos os membros do consorcio.

Ao longo dos cinco días do encontro sucederanse relatorios sobre a xestión dos distintos programas, obradoiros, unha visita ao Campus de Lugo así como actividades de tipo cultural para coñecer o patrimonio da universidade compostelá. Ademais, o martes 23 está prevista a presentación dunha aplicación web realizada pola USC que facilitará o traballo de xestión da mobilidade entre todas as universidades implicadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta