A ANG promoverá un carné de identidade galego e votacións simbólicas para a autodeterminación

A Assembleia Nacional Galega preséntase oficialmente. O seu obxectivo é a promoción da cultura, o medio ambiente e a economía galegas. Marca distancias coa Assamblea Nacional Catalana.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2018 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

Unha vintena de persoas impulsou o nacemento da Assembleia Nacional Galega (ANG), unha entidade que se define galeguista e apartidaria e que ten entre os seus obxectivos a promoción da cultura, o medio ambiente e a economía galegas. Neste sentido, aposta por promocionar deportes propios de Galicia, un carné de identidade para "os que o queiran" e votacións simbólicas no que sería o "día da autoderminación".

Assambleia Nacional Galega (ANG)
Assambleia Nacional Galega (ANG) | Fonte: Europa Press

A coordinadora provisional deu a coñecer este martes esta iniciativa que en outubro do pasado ano viu validados os seus estatutos, que inclúen un código ético no que, entre outras cuestións, impide compatibilizar calqueroutro cargo en calquera entidade ou asociación con esta entidade.

Tamén nos textos fundacionais desta entidade, que marcan distancias coa Assamblea Nacional Catalana (ANC) malia as súas similitudes na nomenclatura, se explicita que o financiamento da asemblea galega será exclusivamente a través das cotas dos seus socios e de doazóns de persoas individuais, de maneira que quedan excluídas as subvencións públicas ou de empresas ou colectivos. Tampouco haberá ningún cargo remunerado e está expresamente vetada a presenza de persoas con delitos, como violencia machista.

A ANG preséntase como un espazo "aberto", á marxe de "sectarismos" e "transversal", por iso é polo que se definan como galeguistas e progresistas, pero non se identifican con ningunha formación política e foxen de que se lles sitúe ao carón de formacións de ningún tipo ou sindicatos.

Na presentación ante os medios da ANG, que precede a un acto en Santiago de Compostela (en Vite) este sábado a partir das 17,00 horas, un dos impulsores da iniciativa, que conta actualmente con 24 socios, Manuel Miragaia, apuntou que impulsarán que se recoñeza o conde Vímara Peres no rueiro das cidades que contribuíu a fundar ou impulsar, como Guimaraes (Portugal).

"PÓR EN VALOR O PAÍS"

Como explicou Arturo Novo Velo, tamén membro da asemblea, os obxectivos son "pór en valor o país desde un punto de vista progresista", impulsando a lingua, a cultura e a identidade, coa lingua galega en "norma internacional" como vehicular, aínda que se aceptará calquera forma de uso de galego.

A coordinadora provisional da asemblea, Mar López, subliñou as dificultades para "legalizar" os seus estatutos, o cal achacou a que a Xunta non tiña "interese" en que nacese este "grupo de presión" --en palabras de Manuel Miragaia--, e chamou á participación da muller nesta asemblea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

1 GALIZA NACIONALISTA

Viva a patria Galega!!! VIVA GALIZA CEIBE!!!