Nace a Assembleia Nacional Galega para impulsar a “construción nacional” de Galicia

Quere converterse no gran “movimento cívico galeguista” e aposta por impulsar a “consciência e o orgulho nacional do povo galego” e por “normalizar a nossa língua e reintegrá-la no contexto internacional da Galaicofonia ou Lusofonia”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/01/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A desmotivación, o cansanzo e a situación de parte da sociedade galega perante unha “política galega em permanente confronto, sectária, carente de uma cultura da cooperação e sem projeto para o futuro da Galiza”, está detrás do nacemento da Assembleia Nacional Galega (ANG), unha entidade, en obxectivos, moi semellante aos impulsados polas Irmandades da Fala hai máis de cen anos.

Bandeira da ANG
Bandeira da ANG

De feito, a ANG quere ser un gran “movimento cívico galeguista” de carácter democrático, asembleario e pacifista. Por iso, fai un chamamento a todos os galegos e galegas “defensores da Galiza, da sua língua -nacional e internacional-, cultura e economia” para a “construción nacional galega”.

“É um movimento cívico totalmente independente de qualquer partido, frente política ou sindicato dos existentes. Como tal movimento cívico, não seria nem partido nem frente política. Não concorreria a processos eleitorais nem aspiraria a governar qualquer tipo de instituição”, apuntan os impulsores deste movemento nun comunicado.

TRADICIÓN DAS IRMANDADES

Así, apunta que, aínda que os seus integrantes poidan ser membros de formacións políticas, os seus coordinadores locais ou nacionais nunca poderían selo. A ANG está inspirada no movimento das Irmandades da Fala e entre os seus obxectivos estarían os de “aglutinar os e as galeguistas até agora esparsos e estabelecer um novo tipo de relações interpessoais”.

Tamén en normalizar o galego e “reintegrá-la no contexto internacional da Galaicofonia ou Lusofonia”, ademais de popularizar e desenvolver a cultura galega, defender o medio ambiente, divulgar a historia galega, elaborar estudos acerca da sociedade galega contemporánea ou apoiar unha economía galega sustentável e que potencie aos emprendedores.

"REGALEGUIZACIÓN" DE GALICIA

A ANG tamén quere “regaleguizar integralmente a sociedade da Galiza e incrementar a consciência e o orgulho nacional do povo galego”,  realizar atividades de defensa da língua e cultura na Galicia estremeira e establecer unha “relação fluida e permanente de colaboração com os povos e os países da Lusofonia e com os das nações sem Estado da Península”. Esta nova entidade será presentada o vindeiro 21 de xaneiro en Compostela e realizará un gran evento o vindeiro 27 no Centro Social de Vite. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

19 Cipollina en Tabarrarnia

Deixádevos de lerias que mirade o que di esta que segundo os nosos medios "puxo a puchedemón " no seu sitio: https://www.vilaweb.cat/noticies/ma...

1 marcoss

Que proben, peor non nos pode ir.

2 Cipollina en Tabarrarnia

Eu xa postos preferería ser länder asociado a Baviera... Pero vaites que non vai poder ser. De feito aquí a maioría da xente o que quere é ser municipio anexo a Madrí. Nin comunidade autónoma.

18 Seudociencias ilusistas.

O galego comezouse a escribir no século XIII, e o norte de portugal separouse de Galicia no século XI-XII. Son idiomas diferentes dende o seu comezo.

17 anonimo

Os lusistas, cando se lles di que en Galicia ninguén di " nao", saen dicindo que eles escriben " nao", pero que ese " nao" portugués " podese pronunciar coma lle pete á xente. De tolos. Ou sexa, nos escribimos en portugués, pero ti pronuncia coma queiras. De - to - los.

1 Celidonio

Ninguén ten culpa das túas limitacións en diferenciar escrita e pronunciación. Xa cho explicaron, e insistes, logo estás a provocar ou es moi carneiro cabezudo? Cóntoche, a mina parella é nativa portuguesa, paso en Portugal varias xornadas cada semana, na miña casa a diario vemos a SiC e RTP, viaxo con frecuencia a Brasil, e certifico que todos dicimos 'non', con maior ou menor nasalidade, igual que escoltas 'mao', 'irmao'... en terras galegas. Podes insistir, só amosas a túa xenofobia e prexuizos. Os que non tés cun andaluz ou cun porteño, verdade? Cun inglés americano, ou cun árabe que precisan subtitular pata entenderse sen que a ningún filólogo das silveiras se lle ocorra dicir que son idiomas diferentes, verdade tamén?

2 Gontão

O problema do Sr. Anónimo é que tem que viaxar máis e sobre tudo abrir a súa mente. Em países latinoamericanos de fala hispana pronunciam a "z" como "s" e não por isso escrevem "sapato". Pois este é um caso similar, e coido que você tampouco concorda em que um andaluz escreva como fala porque hà-se que adaptar a uma norma para que as linguas sejan internacionais. Mas o interessante é que por uma banda o galego, ademais, conserve os seus termos proprios e que por outra recupere palavras que se usaram antigamente e que se perderam por culpa do castelão, como por exemplo "possivel" ou "segunda feira"; porque ademais de viaxar e abrir a mente, tambem hâ que escuitar á xente maior.

3 seudocienas ilusistas

A normativa faise segundo fala a xente, os portugueses falan como escriben e os brasileros nun 95%. Dadas as diferencias os galegos precisan a súa propia normativa.

4 Cipollina en Tabarrarnia

Ninguén vos dixo nunca que coas vosas discusións aburrides ata as ovellas. Pois vai sendo hora.

16 anonimo

Os lusistas, cando se lles di que en Galicia ninguén di " nao", saen dicindo que eles escriben " nao", pero que ese " nao" portugués " podese pronunciar coma lle pete á xente. De tolos. Ou sexa, nos escribimos en portugués, pero ti pronuncia coma queiras. De - to - los.

1 Antónimo

Ante a obsesión enfermiza podes curarte ou buscar outro argumento peregrino (as bigotudas, as toallas...). Se querés escoitar ão pronunciado en Portugal e Brasil: https://es.forvo.com/word/%C3%A3o/

15 Gontão

Parabéns pela iniciativa! Fara-se apresentação em outras cidades?