O alcalde de Santiago denuncia ameazas de morte polo pregón de Entroido que amolou a PP e Igrexa

Noriega enmarca "dentro da sátira e a crítica" e "dos límites do humor" o pregón e considera que as críticas son parte dunha "onda represiva que tenta regular a liberdade de expresión e os dereitos fundamentais".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 15/02/2018 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, enmarcou "dentro da sátira e a crítica" o pregón do humorista Carlos Santiago no Entroido de Compostela, así como "dentro dos límites do humor", logo das crítica recibidas polo PP de Zaragoza e de Compostela, e a propia Igrexa católica, polo que consideran un "acto de desagravio" ao Apóstolo e a virxe do Pilar.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, en rolda de prensa
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

"Moita xente está a falar pero pouca xente tivo oportunidade de escoitar o pregón de Entroido. Está contextualizado dentro da sátira e crítica dun espazo de Entroido e dentro dos límites do humor, que non sempre teñen que gustar, ás veces mesmo molestar", manifestou o rexedor compostelán.

Neste sentido, Noriega insistiu en que o pregón, criticado por representantes do PP e da Igrexa, "está contextualizado dentro dunha onda represiva que tenta regular a liberdade de expresión e os dereitos fundamentais". "E que eu, desde o Concello, non estou disposto a alimentar", apostilou.

Neste sentido, defendeu que "a persoa que fixo o pregón neste caso é unha persona con moito vínculo ao mundo do teatro e ten unha longa traxectoria". "Estase a criminalizar un pregón nun contexto do que é o Entroido e a sátira e a crítica. Paréceme terriblemente perigoso", subliñou.

"Eu non vou ser cómplice do que entendo que é unha manipulación e que, mesmo, pode levar a situacións que vivín estes días desde esta polémica", manifestou, para engadir que desde o mércores recibiu "ameazas de morte", a pesar de non ter nin asistido ao pregón, así como "a propia persoa vinculada ao mundo do teatro".

"ENTENDER OS CONTEXTOS"

"Fago un chamamento a entender os contextos, a entender o humor, a entender as sensibilidades, todas as que sexan, e a entender a que no Entroido se critque a este alcalde, a relixión ou a outras cousas porque somos os que estamos no día a día e forma parte da expresión do pobo no momento do Entroido", reivindicou.

"Non vou facer outra declaración que poida alimentar algo que vai máis aló de sensibilidades", abundou, para comentar que "aos que impulsan isto lles gustaría regular todo, até a expresión do Entroido". Respecto diso, lembrou que "na Ditadura era o único espazo en liberdade para que o pobo se expresase". "Non vaiamos converter o Entroido no único espazo sen dereito á crítica na democracia", aseverou.

Neste sentido, resaltou que "Santiago é un espazo de liberdades e de expresión cultural e de liberdade de expresión no contexto do Entroido", ao ser cuestionado sobre se o Concello coñecía de antemán o texto do pregón. "Cónstame que o que se está dicindo en moitos casos é falso", apostilou.

Finalmente, preguntado sobre se tivo contacto co Concello de Zaragoza a raíz do malestar expresado, o alcalde de Santiago admitiu que se lles "pediu información". "E dixémoslles que defendan á Pilarica por enriba de todo. E que non se preocupen por nós, que somos homes e mulleres concienciados na trincheira para aguantar calquera tipo de situación", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

3 temosquecambiardexente

"Empezó a hablar de los huevos del Apóstol, a llamar p.. a la Virgen y a decir que la Pilarica le practicaba una felación al Santo», denunciaron en declaraciones a El Correo Gallego algunos de los asistentes Cal é o contexto Sr. Noriega. Esto non é humor e ofender a moitos é moitas , e mesmo claramente machista . Eso si pagado xenerosamente cos cartos de todas

1 comunista independentista

El Correo Gallego? Esa é a fonte? XDDDD. Non hai máis preguntas señoría.

2 Fernando G

Vamos a comprobar la tolerancia de los mareantes poniendo un cartel delante del despacho del cacique Noriega defecándonos na sua nai, llamando narcoterroristas a los de su partido y tirando huevos a su augusta persona. Seguro que traga con todo de buen rollito y sin rechistar.

1 Hostrus

Non. Non o ides facer. Os fascistas sodes covardes por natureza. Só vos atrevedes con todo un exército detrás.

2 Anominus

Nostrus que lo sabes por experiencia

3 unmais

Está xustificando as ameazas de norte a una autoridade elexida democráticamente polos veciños?, porque ese é o tema do artigo, sobre se era ou non ofensivo para alguen xa se falou o outro dia.

1 En fin

Non pasa nada Martiño, se se entende. Para o ano temos un sátira sobre as charcas comúns da guerra civil, outra sobre Moncho "o sindicalista terrorista" e outra sobre Martiño "o enchufador". Sabendo do teu espirito carnavalesco esperamos sexas igual de comprensivo.

1 comunista independentista

E outra sobre banqueiros que rouban aforros de toda unha vida, sobre curas e bispos que violan nenos e sobre monxas que rouban neonatos. Ah, non! Que iso vos 'ofende' os mexapilas neoliberais...

2 Vijo

Cuando falas de banqueiros que rouban entendo que falas do camarada Espinar directivo de Bankia procesado e condenado polo trinque das tarxetas Black facilitador de hipotecas e vivendas sociais ao seu fillo o senador de Podemos, do comunista Moral Santín, maior l adrón de Bankia, ou dos representantes de partidos e sindicatos de esquerdas en Caixa Galicia que cobraban por asistir e calar nas reunións do seu consello de administración. De vi olar sabedes moito máis. Empecemos por preguntar a Yoli porque protexeu ao militante pedofilo, ou como un pe derasta condenado como Pedro Palacios acabou sendo un dos líderes de Podemos en Castela.

3 Estralampa

Vijo, creo que está falando de ti e dos que coma ti só buscades escusas para justifica-lo todo. Pero não, não somos todos iguais. Isso quiseras.