Temas: PP ALCOHOL

Cando os alcaldes e cargos do PP foron cazados borrachos

Alcaldes e concelleiros populares tiveron que dimitir pola súa relación co alcohol. Outros, como o ex alcalde de Ortigueira só tivo que pedir desculpas logo de pasearse por Ibiza cun grupo de gaiteiros, billetes de 500 euros e presumindo de que podía permitirse “1.500 tías e 15 rusas”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/05/2018 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O alcohol e a a condución non son compatibles. E é tal a súa incompatibilidade que está duramente penado pola lei. Non son raros, por desgraza, os accidentes de bébedos ao fronte do volante e, menos, as infraccións por superar os límites permitidos de alcohol en sangue mentres se conduce. E diso, saben algúns alcaldes e concelleiros do PP. Algúns tiveron que dimitir, outros mesmo se enfrontaron a sancións e multas e, os menos, saíron impunes deste tipo de situacións que, nalgúns casos, incluíron serios enfrontamentos coas forzas da orde.

Pocholo e o ex alcalde de Ortigueira, Antonio Campo
Pocholo e o ex alcalde de Ortigueira, Antonio Campo | Fonte: La Sexta

A mediados do 2015 Bernardo Moar tiña que renunciar ao seu cargo como tentente de alcalde do Concello de Ames, cando o PP gobernaba este concello en difíciles condicións. O ex edil foi sorprendido nun control da policía local en Bertamiráns mentres conducía bébedo e tivo que enfrontarse a un xuízo rápido.

En novembro de 2014 quen dimitía era o alcalde de Santa Comba, vila próxima a Compostela, Antonio Lavandeira, tamén sorprendido nun control e superar amplamente os límites de alcohol permitidos. E tamén ese ano era Gustavo Carro, edil en Mugardos, quen tiña que deixar o cargo despois de negarse a pasar un control de alcolemia. 

DURMIDO NUNHA ROTONDA

O caso que máis impacto tivo foi a dimisión de Ángel Espadas, número dous do ex alcalde Gerardo Conde Roa, como concelleiro do PP de Santiago, tras ser sorprendindo durmido e peneque ao volante. "Un error humano no desmerece toda una trayectoria política brillante como la de Ángel Espadas", dixo Conde Roa do concelleiro popular e aclarou "si en la vida de todos existen sombras, es porque hay luz y esa luz ha brillado de una manera muy especial a lo largo de la presente legislatura con el trabajo ejemplar" de Espadas.

Ángel Espadas con Feijóo
Ángel Espadas con Feijóo | Fonte: Facebook

Espadas foi detido en 2011 cando se atopaba durmido, co coche encendido, nun semáforo ás aforas de Santiago. Cando a Garda Civil acudiu a "espertalo" logo de comprobar que se atopaba durmido nunha glorieta de acceso á cidade. O atestado recollía que "su habla era pastosa, presentaba fuerte olor a alcohol y al bajarse del vehículo se le observaba una deambulación vacilante".

Eran as 06.45 dun 12 de marzo. Logo de facerlle a proba de alcol, o concelleiro deu un tasa de 0,79 mgrs de alcol en sangue, o triple do permitido, polo que tivo que facer fronte a un xuízo rápido por un presunto delito de Seguridade Vial. O feito de que se filtrara o atestado da Policía Local fixo que o goberno local do PP abrira unha investigación.

Este caso deu que falar porque tanto o PP de Santiago, como o propio Espadas, foron moi críticos co chamado "botellón" na capital galega e realizaron varias campañas para evitar o consumo do alcohol por parte dos mozos. O propio Espadas inflitrouse nun macrobotellón para denunciar o consumo alcohólico e doutras substancias. 

“MÁIS COÑECIDO POLAS COPAS”

Meses antes, era o hoxe deputado socialista e entón alcalde da cidade, Antón Sánchez Bugallo, quen arremetía irónicamente, pero con dureza, contra Gerardo Conde Roa, durante un pleno municipal deste mércores. “Vou utilizar unha frase de Ramón Calderón (ex presidente do Real Madrid) sobre un xogador máis coñeido polas copas que toma que polo seu rendemento deportivo”, dicía. “Refirome a Guti, unha promesa con 31 anos. Vostede, é unha promesa con 51”, espetaballe en alusión os hábitos nocturnos do entón líder popular.

Nas municipais de 2011, o PP mantiña como candidato en Ares ao ex-alcalde José Manuel Cendán malia que a Fiscalía imputáralle un delito electoral por inscribir até 73 persoas irregularmente no censo nos anteriores comicios municipais. Curiosamente, Cendán tamén estaba imputado por inxurias tras ser denunciado por un ex compañeiro do seu partido a quen chamou en reiteradas ocasións “borracho” e acuso de ir bébedo aos plenos.

“TENGO 1.500 TÍAS... 15 RUSAS”

Pero quizais o caso máis paradigmático da relación entre o alcohol e cargos do PPdeG tivo lugar cando o ex alcalde de Ortigueira, Antonio Campo, saía nun coñecido programa rodeado dunha banda de gaiteiros pagada por el en plenas vacacións en Ibiza, con síntomas claros de estar ebrio e fachondeandose dos cartos que tiña e das mulleres que podía pagar con eses cartos. “Tengo 1.500 tías, hombre. ¡15 rusas...”, dicía tal e como publicaba GC en exclusiva hai 12 anos.  A pesar de ter que pedir disculpas por estes feitos, Campo volveu arrasar nas eleccións municipais do ano seguinte conseguindo maioría absoluta. 

De feito, tal é a tolerancia na sociedade galega ante o consumo de alcohol que Carlos Gil, o fiscal especilizado en asuntos de Tráfico en Galicia, criticou en 2016 a especial permisividade dos galegos co alcol. “En Galicia hai un problema grande: a tolerancia social cara ao consumo de alcol na condución. Diminuíu pero seguímolo tendo", dicía entón.

Temas: PP ALCOHOL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Maruxa

Y, a qué viene esta noticia?????

3 José Luis

¡Claaaaaaaro, señores de galiciaconfidencial, señores de podre mos, y demás!...solamente cargos del PP beben alcohol...ustedes, bazofia, no...son abstemios y todo un ejemplo de educación, respeto y limpieza. ¡Venga ya!...

2 fan-boy do Vieiras

pior foi a outra do podemos co carnet na boca co comando "taliban cheira" escachando os espellos dos coches que noxo... e ainda sigue... xuiz villano o ti o ela, alguen ten que irse

1 Vergoñento

Pero a ti pareceche normal nunha noticia na que quedan ben reflectidos como son os pepeiros, vir a falar de En Marea e de Podemos e nin unha soa palabra do incríbel que son algúns líderes do PP e a impunidade que teñen?. Algúns do BNG dades auténtico noxo. O inimigo non é o PP nin Ciudadanos, ata penso que queredes que sigan gobernando moitos anos para conservar vós a vosa mísera e merdenta parcela de poder compartida.

2 Tes razón

E algúns da Marea dades máis noxo aínda, atribuíndo calquera crítica ao BNG, que ben calado está respecto a todas as vosas falcatruadas.

1 carbónico

Pero claro,eso mejor lo dejamos en el olvido no? Como siempre, la política callando lo inmesurable. https://acidos.info/carbonico/