Dimite Angel Espadas tras ser detido conducindo bébedo

O candidato do PP á Alcaldía de Santiago, Gerardo Conde Roa, anunciou a dimisión de Ángel Espadas como concelleiro tras ser detido por conducir bébedo.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 14/03/2011 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

"Un error humano no desmerece toda una trayectoria política brillante como la de Ángel Espadas", dixo Conde Roa do concelleiro popular e aclarou "si en la vida de todos existen sombras, es porque hay luz y esa luz ha brillado de una manera muy especial a lo largo de la presente legislatura con el trabajo ejemplar" de Espadas.

None

Con todo, e a pesar deste "trabajo ejemplar", o xa ex concelleiro tampouco concurrirá nas listas do PP á Alcaldía de Santiago, onde concurría no 3º posto. Unha decisión que ten que ver coa súa detención, esta fin de semana, cando se atopaba durmido, co coche encendido, nun semáforo ás aforas de Santiago.

"Habla pastosa"

Segundo informa a Cadena Ser, foi a Garda Civil  quen acudiu a "espertalo" logo de comprobar que se atopaba durmido nunha glorieta de acceso a cidade de Santiago. O atestado asegura que, unha vez que se lle require que baixe do coche "su habla era pastosa, presentaba fuerte olor a alcohol y al bajarse del vehículo se le observaba una deambulación vacilante".

Eran as 06.45 do pasado 12 de marzo. Logo de facerlle a proba de alcol, o concelleiro deu un tasa de 0,79 mgrs de alcol en sangue, o triple do permitido. A Garda Civil comunicoulle o feito a Policía Local que, pouco despois, volvía repetir a proba cun resultado de 0,74.

Xuízo rápido este martes

Ángel Espadas que concurre como número tres nas listas do PP de Santiago as próximas municipais deberá presentarse este martes nos xulgados de Santiago para facer fronte a un xuízo rápido por un presunto delito de Seguridad Vial.

Tanto o PP de Santiago, como o propio Espadas, foron moi críticos co chamado "botellón" na capital galega e realizaron varias campañas para evitar o consumo do alcol por parte dos mozos. O propio Espadas inflitrouse no último macrobotellón celebrado no Campillo con motivo do inicio do curso universitario, para denunciar o consumo de alcol e doutras substancias. Podes ver o atestado aquí.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

21 compostelan

¿Pero conducir borracho non se castigaba, ademais da retirada do carnet con carcere ou traballos sociais? ¿Por qué este delincuente (persona que comete un delito) se libra da cadea e dos traballos sociais? Ah, bueno, olvideime, que non todos somos iguais diante da ley. Pois nada, que siga de concelleiro ou lle fagan unha homenaxe nomeando unha rua co seu nome. Ijuales ante la ley....jajaja...se ve que ainda hai clases, e amijos.

20 Xandokas

Seguro que foi por culpa dunha emboscada do semáforo "rojo" de ZP!!!! (jejejeje.....)

19 filantrópico

É raro que dimita alguen neste país,ogalla fixera o mesmo Quin cando lle descubriron a sua amizade co seu amiguiño do yate,Xacinto Rey.

1 Arenga

Sem fazer debate paralelo, acho que nom é o mesmo dimitir por fazer umha burrada, que ter que dimitir por ter amigos com muita pasta já que entom nom quedaria político algum.

2 serafín

Ter amigos é unha cousa, ser político con poder (gobernar) e navegar en iate de empresario amigo que fai negocios coa administración, outra ben distinta. E que o empresario se faga cargo ou custee proxectos nacionalistas (A Nosa Terra, daquela que había poder, que o de despois...) e mesmo pague para levantar prensa amiga (daquela que había poder, que o de despois..) e resulte o mesmo empresario agraciado coa lotería do vento (daquela que había poder, que o de despois...) son moitas coincidencias xuntas: bastante máis perigoso para os galegos que pagamos estes políticos que ir cunha tranca monumental un santón de misa diaria e durmir a mona nun semáforo. Pero aquí semella que só pecan os da dereita, a falsa esquerda é inmaculada e non ten intereses materiais, fano todo por amor á patria...

3 pin pin serafín

Concordo en todo contigo Serafín, desenrolo máis o tema que dís: E logo Feijoo que bica ó presi de Iberdrola cando é nomeado presidente e logo lle da (por adxudicación directa e fóra de concurso, isto é a dedo) 2 parques eólicos a iberdrola e lle regala de paso facer o que lle pete no Sil, levando por diante unha igrexa se fai falla debería tamén dimitir, ademáis Estela eólica é unha empresa do PP 3ª adxudicataria do concurso do PP (Jacinto foi o 8º adxudicatario e levou muiños tamén co PP) que tamén é corrupción non?. Tamen debería dimitir Espe e Gallardón por darlle a San José o 30% da urbanización de Chamartin o máis grande proxecto urbanístico de Europa noutro concurso, obviamente amañado. Menos mal que hai xente sesuda coma tí serafín e la coz que che da argumentos e que oculta outros, que se non...

4 Uno de Pontevedra

Es cierto. Por lo menos ha dimitido y no como los nacional-socialistas estos que mucho critican pero luego no predican con el ejemplo. Si lo hicieran Zapatero ya tendría que haber dimitido hace mucho tiempo por incompetente. Y lo del Jacinto este, que de pontevedrés tiene poco, es penoso. Antes era quintana y ahora es pepiño que quiere controlar un periodicucho de la coruña

5 serafín

Pin pin, eu non nego que o PP beneficie aos amigos, é máis estou completamente seguro de que o fai. Así que confúndeste de bando. Pero ti non queres ver aos teus compadres metidos na fariña, é o teu problema (segue acreditando na inocencia eterna dos "nosos" caudillos) ou o teu negocio (pois que hai negocio no BNG é tamén sabido). E como será que non falas dos negocios do grupo San José co PSOE, será que só miras por un ollo?

6 pin pin serafin

"Eu non nego que o PP beneficie ós amigos". Claro, eu tampouco no BNG ou no PSOE... onde o neguei?. O sectarismo que me atribúes é o teu mesmo sectarismo. Somos complementarios pois. Non nos vaiamos polas pólas. Este señor dimite porque cometeu o delito de conducir borracho e porque é o concelleiro que loitaba contra o botellón, que era, como ben sabes culpa de ZP e de Bugallo. Acaba de perder toda a credibilidade e marcha, porque resta votos, non por dignidade ou nada diso. Telmo Sanmartin devolveu 600 millonciños que roubou e non dimitiu, nen dimitiron os 3 candidatos a alcalde tránsfugas que presenta o PP en Galicia. E o PSOE ningún, e o BNG ningún, para que non digas que non miro para os demáis. San José chupa de todos, algo moi democrático. E os concursos eólicos antes do de Quin, como eran?, non os había?, quen levaba as "adjudicaciones"?, sempre os mesmos?, porqué?, a qué grupos mediáticos apoian?. Todos son iguais, e o PP é o máis igual de todos.

18 Arenga

Polo menos tem o meu reconhecemento por dimitir já que neste pais e no estado espanhol semelha que está proibido dimitir por muitas burradas que fagas.

17 Dª Patro

El concejal de Seguridad Ciudadana del Ayuntamiento de Sada, el nacionalista Francisco Montouto, requirió una dotación de la Policía Local -un servicio que él mismo dirigía- para que lo rescatase de un control de alcoholemia de la Guardia Civil. http://www.laopinioncoruna.es/secci...

1 cortina de fume pepeira

e tamén dimitíu por suposto. Pero iso xa se falou no 2008... tamén dimitiu Cuiña polo das palas si nos retrotraemos atrás.... Sempre que pillan a un do PP sempre sae alguén e tí tamén, como se se librasen de algo por iso...

2 Dª Patro

O do PP e mais o bloqueiro dimitiron. Moi ben feito, coa diferencia que o bloqueiro chamou á policía local de Sada cando o colleron co carriño do xelado, e o do PP non se sabe que tentara unha maniobra similar. Non digo q os do PP non fagan cousas similares, o que nos amosa que case que todos os políticos son iguais.