Dimite Angel Espadas tras ser detido conducindo bébedo

O candidato do PP á Alcaldía de Santiago, Gerardo Conde Roa, anunciou a dimisión de Ángel Espadas como concelleiro tras ser detido por conducir bébedo.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 14/03/2011 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

"Un error humano no desmerece toda una trayectoria política brillante como la de Ángel Espadas", dixo Conde Roa do concelleiro popular e aclarou "si en la vida de todos existen sombras, es porque hay luz y esa luz ha brillado de una manera muy especial a lo largo de la presente legislatura con el trabajo ejemplar" de Espadas.

None

Con todo, e a pesar deste "trabajo ejemplar", o xa ex concelleiro tampouco concurrirá nas listas do PP á Alcaldía de Santiago, onde concurría no 3º posto. Unha decisión que ten que ver coa súa detención, esta fin de semana, cando se atopaba durmido, co coche encendido, nun semáforo ás aforas de Santiago.

"Habla pastosa"

Segundo informa a Cadena Ser, foi a Garda Civil  quen acudiu a "espertalo" logo de comprobar que se atopaba durmido nunha glorieta de acceso a cidade de Santiago. O atestado asegura que, unha vez que se lle require que baixe do coche "su habla era pastosa, presentaba fuerte olor a alcohol y al bajarse del vehículo se le observaba una deambulación vacilante".

Eran as 06.45 do pasado 12 de marzo. Logo de facerlle a proba de alcol, o concelleiro deu un tasa de 0,79 mgrs de alcol en sangue, o triple do permitido. A Garda Civil comunicoulle o feito a Policía Local que, pouco despois, volvía repetir a proba cun resultado de 0,74.

Xuízo rápido este martes

Ángel Espadas que concurre como número tres nas listas do PP de Santiago as próximas municipais deberá presentarse este martes nos xulgados de Santiago para facer fronte a un xuízo rápido por un presunto delito de Seguridad Vial.

Tanto o PP de Santiago, como o propio Espadas, foron moi críticos co chamado "botellón" na capital galega e realizaron varias campañas para evitar o consumo do alcol por parte dos mozos. O propio Espadas inflitrouse no último macrobotellón celebrado no Campillo con motivo do inicio do curso universitario, para denunciar o consumo de alcol e doutras substancias. Podes ver o atestado aquí.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

6 bieito

maltrato policial. Queremos policia galega xa

5 compostelan

Un concelleiro pillado borracho e o Alcalde sen dimitir. In-tolerable. Según algunhas versions o futuro concelleiro de festas estaba a realizar una investigación sobre a permisividade da Policía co botellón, mais non con él, e mais unha cata pa probar a calidade do garrafón na hostelería, outros din que a esa hora viña de comprobar o harario de peche e as condicions laborais en uns pecaminosos locais na zona onde se durmeu, e outros din que a esa hora, 6,45 am, iba a misa de sete cando foi secuestrado e emborrachado por uns descoñecidos. E o Alcalde sen dimitir.

4 Enfin

Eg que seguia investigando los botellones y claro una cosa lleva a la otra, que si un chupito, que si una cervecita , que si una...........

3 Black Crow

Son semáforos sectarios porque se pasan demasiado tiempo en rojo, y claro, los esforzados políticos que madrugan para trabajar por Galicia se nos quedan dormidos como bebés. Espero que el señor Conde D...Roa lo defienda adecuadamente ante este incalificable ataque mediático, porque los dos son uña y carne.

1 Porco Jones

Hahahahaha, moi bo!

2 Manolo2

Por cierto, publicitar un atestado de algo que está pendiente de resolución o sentencia ¿no es ilegal?

1 a viga no ollo propio

E a casa de Pachi, que o concello de San Amaro emitiu á prensa informes e demáis, que está pendente de xuizo, coa xunta revisando o tema (sen ter competencias nunha licencia municipal) e inspectores que son tamén concelleiros do PP no Carballiño.. iso non é ilegal tamén. Non queron facer un xuizo de valores, pero que un ser humano esté tan borracho conducindo que se quede durmido nun semáforo co coche prendido, buff... ó caldeiro con el, pode matar a algún inocente. E logo se queredes.. falamos de política.

2 Manolo2

Yo pregunto, tu comparas. Yo cuestiono, tu afirmas. Y te vuelvo a señalar, si es culpable, a la calle con él, sea del PP o del partido que sea. En cualquier caso, este todavía no se ha quejado de maltrato policial como si hacen otros.

3 manolon

manolo2, 3,4,e 10 apodos máis! Tí es ilegal e inmoral!!!! jejejee...das pena

4 a viga no ollo propio

que outros manoliño?, que concelleiro se queixou de maltrato policial. Non sexas demagogo. Este asunto apesta e non ten nada que ver coa política. Ese individuo é un impresentable e desde logo non merece estar na lista de ningún partido. E menos cando se significou na loita contra o botellón.É de risa, non hai nada que dicir, que o boten fóra e nada máis, se nin perxudica ó PP facelo, antes ben dignifica...

5 Manolo2

No te líes. Político pillado borracho conduciendo, cese inmediato, llámese como se llame.