Dimite Angel Espadas tras ser detido conducindo bébedo

O candidato do PP á Alcaldía de Santiago, Gerardo Conde Roa, anunciou a dimisión de Ángel Espadas como concelleiro tras ser detido por conducir bébedo.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 14/03/2011 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

"Un error humano no desmerece toda una trayectoria política brillante como la de Ángel Espadas", dixo Conde Roa do concelleiro popular e aclarou "si en la vida de todos existen sombras, es porque hay luz y esa luz ha brillado de una manera muy especial a lo largo de la presente legislatura con el trabajo ejemplar" de Espadas.

None

Con todo, e a pesar deste "trabajo ejemplar", o xa ex concelleiro tampouco concurrirá nas listas do PP á Alcaldía de Santiago, onde concurría no 3º posto. Unha decisión que ten que ver coa súa detención, esta fin de semana, cando se atopaba durmido, co coche encendido, nun semáforo ás aforas de Santiago.

"Habla pastosa"

Segundo informa a Cadena Ser, foi a Garda Civil  quen acudiu a "espertalo" logo de comprobar que se atopaba durmido nunha glorieta de acceso a cidade de Santiago. O atestado asegura que, unha vez que se lle require que baixe do coche "su habla era pastosa, presentaba fuerte olor a alcohol y al bajarse del vehículo se le observaba una deambulación vacilante".

Eran as 06.45 do pasado 12 de marzo. Logo de facerlle a proba de alcol, o concelleiro deu un tasa de 0,79 mgrs de alcol en sangue, o triple do permitido. A Garda Civil comunicoulle o feito a Policía Local que, pouco despois, volvía repetir a proba cun resultado de 0,74.

Xuízo rápido este martes

Ángel Espadas que concurre como número tres nas listas do PP de Santiago as próximas municipais deberá presentarse este martes nos xulgados de Santiago para facer fronte a un xuízo rápido por un presunto delito de Seguridad Vial.

Tanto o PP de Santiago, como o propio Espadas, foron moi críticos co chamado "botellón" na capital galega e realizaron varias campañas para evitar o consumo do alcol por parte dos mozos. O propio Espadas inflitrouse no último macrobotellón celebrado no Campillo con motivo do inicio do curso universitario, para denunciar o consumo de alcol e doutras substancias. Podes ver o atestado aquí.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

1 Manolo2

A la calle con él.