Dimite Angel Espadas tras ser detido conducindo bébedo

O candidato do PP á Alcaldía de Santiago, Gerardo Conde Roa, anunciou a dimisión de Ángel Espadas como concelleiro tras ser detido por conducir bébedo.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 14/03/2011 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

"Un error humano no desmerece toda una trayectoria política brillante como la de Ángel Espadas", dixo Conde Roa do concelleiro popular e aclarou "si en la vida de todos existen sombras, es porque hay luz y esa luz ha brillado de una manera muy especial a lo largo de la presente legislatura con el trabajo ejemplar" de Espadas.

None

Con todo, e a pesar deste "trabajo ejemplar", o xa ex concelleiro tampouco concurrirá nas listas do PP á Alcaldía de Santiago, onde concurría no 3º posto. Unha decisión que ten que ver coa súa detención, esta fin de semana, cando se atopaba durmido, co coche encendido, nun semáforo ás aforas de Santiago.

"Habla pastosa"

Segundo informa a Cadena Ser, foi a Garda Civil  quen acudiu a "espertalo" logo de comprobar que se atopaba durmido nunha glorieta de acceso a cidade de Santiago. O atestado asegura que, unha vez que se lle require que baixe do coche "su habla era pastosa, presentaba fuerte olor a alcohol y al bajarse del vehículo se le observaba una deambulación vacilante".

Eran as 06.45 do pasado 12 de marzo. Logo de facerlle a proba de alcol, o concelleiro deu un tasa de 0,79 mgrs de alcol en sangue, o triple do permitido. A Garda Civil comunicoulle o feito a Policía Local que, pouco despois, volvía repetir a proba cun resultado de 0,74.

Xuízo rápido este martes

Ángel Espadas que concurre como número tres nas listas do PP de Santiago as próximas municipais deberá presentarse este martes nos xulgados de Santiago para facer fronte a un xuízo rápido por un presunto delito de Seguridad Vial.

Tanto o PP de Santiago, como o propio Espadas, foron moi críticos co chamado "botellón" na capital galega e realizaron varias campañas para evitar o consumo do alcol por parte dos mozos. O propio Espadas inflitrouse no último macrobotellón celebrado no Campillo con motivo do inicio do curso universitario, para denunciar o consumo de alcol e doutras substancias. Podes ver o atestado aquí.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

16 Alonso

Xa decia Fernando Alonso que con iso dos 110 a xente ía quedar durmida ao volante...

15 gin tonic

Se non faltasen 2 meses para as municipais non dimitiría. Pero o caso é moi gordo, de sair en tele5 porque é de risa. O concelleiro que máis oposición fai contra o botellón borracho, comatoso ás 6 da mañá pillado nun coche durmindo agardando un semáforo. é de despiporre. Sería noticia inda que fose un cidadán calquera. Menuda cogorza. Os medios do PP agora dirán que é un héroe por dimitir, de coña vamos, con ducias de cargos imputados e declarándose inocentes. Por certo que o delito deste señor é ir ó cárcere. Así que moita campaña desde o caldeiro, tampouco ía facer.

14 Faldo

Xa veredes o tratamento que lle dan a este feito os xornais galegos, e sobre todo o PPanfleto de don Santiago: os políticos falan moito e cumpren pouco, os políticos non respectan en absoluto as normas que eles mesmos ditan, temos unha clase política lamentable... Xa se sabe, cando un dirixente da esquerda mete a pata, trátase diso dun dirixente da esquerda; cando pillan a un do PP na mesma, a culpa é da clase política, e obviamente, todos os políticos son iguais.

13 Manolo2

Ponedlo todo, porque ya se han tomado decisiones rápidas, como debe ser. Dimite el edil del PP en Santiago detenido ebrio y dormido al volante http://www.lavozdegalicia.es/galici...

1 Manolo2

¿Tienes alguna denuncia al respecto de Roa o alguna sentencia judicial firme contra Negreira o contra Telmo? Porque enc aso contrario lo mismo podriamos decir de ti o de cualquiera de los prebostes del PSOE o BNG

2 xuiz

Telmo ten o caso construcuatro, a súa empresa devolveu máis de 600 millóns de pesetas por orde xudicial por sobrecusto en VPO en San Paio de Navia. Vigo. En Pontevedra xa está sentenciado, pero non hai tempo para poñer outro. Negreira dixo que non coñecía de nada a Crespo e ten fotos con el, logo é como mínimo un mentiroso, o resto está pendente do Gurtel. Baltar leva repetidas 3 oposicións por orde xudicial, Corina Porro tiña o soldo de concelleira en Vigo cando chegou intervenido pola fiscalía durante moitos meses... xente toda de grande vocación polo traballo público como podedes ver.

3 Manolo2

Denuncias, actas, sentencias judiciales firmes, sobre comportamientos personales delictivos, eso es lo que queremos, porque ahí estás mezclando churras con merinas

4 Rayleigh

Manda truco con Manolo!! El insinúa, mancha, inxuria a todo o mundo e todo sen probas. Pero cando lle tocan o seu amado PP..Ah amigo!! Entón ata pide actas notariais...Negreira é como mínimo é un mentirán, manolo. Iso sen contar cos seus chanchullos no Porto de Sada. Conde Roa, non paga os impostos do concello que quere gobernar. Telmo, xa sabemos de que pé coxea manolete. E Corina Porro, quixo pasarse de lista no Golf Domaio e quedou cunha mán diante e outra detrás. Iso sen contar co bedel de Louzán, o seu chófer millonario, transfugas.....

5 Manolo2

Mira quien llega. ¿Como van tus progresos en habilidades de lectoescritura? Veo que mal, porque no te enteras que en mi primer mensaje digo bien claro que este señor tenía que irse a la calle. Ahora bien, de ahí a generalizar y aprovechar para terminar culpando al PP del terremotos de Japón, creo que no cuela.

6 Rayleigh

Dos terremotos do Xapón todo o mundo sabe que son culpa de Rubalcaba. Aquí ninguén dimitiu tampouco cando saltou o escándalo da autovía da Costa da Morte que nos pretendían colar 400 millóns de € de sobrecusto, recordas manolete? Dimitiron os alcaldes trincados hai unhas semanas? Dimitiu alguén en Ourense polos chanchullos do PPdeOU na provincia? Iso sen contar os gastos en publicidade de millón en millón de cada un dos conselleiros...E logo presumen de..austeridá? Os do PP rinse de todos, manolete. Pero de quen máis se rie son dos pringadetes que os votan e os defenden nos foros a pesares de todo o que fan. O pillas manolete? Por que xa nin disimulan. A CORRUPCIÓN e a falta de ética a ven todo "normal" (Louzán dixit).

12 Ánsar

¿Quién le ha dicho a ustedes que Ángel Espadas quería que le dijesen cómo debe conducir? ¿Desde cuando don Ángel Espadas quiere que le expliquen cuánto tiene que beber? Os pepeiros poden facer o que lles saia da entreperna, que para iso o mundo, e non me refiro só ao noxento xornal pedrojotil, é deles por dereito divino. Prohibido prohibir, sempre que a prohibición vaia en contra dos seus sagrados intereses, claro.

1 Velvet

Si señor, xa o dixo Aznar, quen é o estado para prohibirlle beber viño e cocher un coche? Que hipócritas son, e este Esapada smáis por denunicar en El Correo o macrobotellón do Campus Sur e a falta de profesionalidade da policía. Dous anos despois xa lle caeu a carerta. O próximo vai ser Dorado hahahaha