Temas: UGT CCOO

CC.OO. e UXT pedirán"repartición de riqueza" o 1 de maio

Os sindicatos CC.OO. e UXT manifestaranse en Vigo baixo a lema 'Tempo de gañar', para reclamar que o final da crise "tan cacarexado" polo Goberno, se sinta nos petos dos traballadores e nas súas condicións laborais.

Por E.P. | VIGO | 27/04/2018 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

A marcha conxunta sairá ás 11.30 horas do cruzamento de Vía Norte con Urzáiz, e finalizará en Montero Ríos, ante a delegación territorial da Xunta en Vigo. Ao tratarse da mobilización principal das dúas centrais, está prevista a presenza dos seus respectivos secretarios xerais en Galicia, Ramón Sarmiento (CC.OO.) e José Antonio Gómez (UXT).

Amelia Pérez (CC.OO.)  e Ernesto Fontanes (UXT)
Amelia Pérez (CC.OO.) e Ernesto Fontanes (UXT) | Fonte: Europa Press

A secretaria comarcal de CC.OO. en Vigo, Amelia Pérez, avisa que "é tempo de gañar para os traballadores", tempo de que haxa "ou repartición da riqueza ou conflito". Se os resultados da recuperación económica non chegan á clase traballadora, incidiu, "haberá conflito, irá crecendo, e chegará onde teña que chegar".

Pola súa banda, o responsable comarcal de UXT, Ernesto Fontanes, destacou que, a pesar das cifras macroeconómicas, o paro segue castigando á clase traballadora, especialmente a mulleres e xente moza; a metade dos parados non ten prestación por desemprego; e un 14 por cento dos asalariados están "no limiar da pobreza".

"Reclamamos máis protección, melloras salariais, e cambiar o modelo do mercado laboral", proclamou, e fixo un chamamento aos cidadáns para que participen na manifestación do 1 de maio, e nas mobilizacións "que haberá nos próximos meses".

SENTENZA

Por outra banda, os responsables sindicais referíronse á polémica sentenza no caso coñecido como de 'La Manada'. Así, Amelia Pérez apuntou que, en vista dese fallo, neste 1 de maio "a primeira reclamación será a igualdade e a liberdade".

Nesa liña, Fontanes expresou o seu rexeitamento a unha resolución xudicial que "non é entendible por ninguén", e pediu "que se cambien as leis" para que non se repita o sucedido nese caso.

Temas: UGT CCOO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta