Paula Quinteiro critica a Hermida por "vulnerar os principios éticos" de En Marea

Quinteiro insta a Hermida a retirar as declaracións realizadas sobre ela e avisa que ser reserva "o dereito a emprender accións".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2018 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

A deputada Paula Quinteiro, no foco informativo desde fai máis dun mes pola súa implicación nun altercado coa policía, instou ao parlamentario electo de En Marea Xoán Hermida a retirar as "calumnias e afirmacións totalmente falsas" sobre a súa persona, á vez que avisa que "se estas non se retiran na maior brevidade posible", podería emprender as "accións pertinentes".

Paula Quinteiro, deputada de En Marea
Paula Quinteiro, deputada de En Marea

Quinteiro publicou unha mensaxe no seu perfil de Facebook no que ataca a Xoán Hermida, o deputado electo de En Marea que, durante unha rolda de prensa celebrada o xoves en Pontevedra para explicar a súa situación, tachou de "incidente de vandalismo nocturno" os feitos nos que se viu envolta a parlamentaria, cuxa dimisión reclama a dirección política de En Marea e o seu portavoz, Luís Villares.

"Non podo deixar de manifestar hoxe a miña incredulidade ante as nefastas declaracións públicas que fixo Xoán Hermida. Un ataque inxustificado, irresponsable e falso, que se suma ao bochornoso espectáculo que está a dar ao aceptar a acta de deputado de forma irregular, logo de anunciar publicamente que renunciaba a ela", sinala Quinteiro na súa mensaxe.

Hermida, número seis da lista de En Marea por Pontevedra, foi proclamado deputado electo o pasado venres logo de formalizarse a renuncia de Juan Merlo, quen dimitiu ao coñecerse que mentira no seu currículo. Con todo, xusto un día antes de que Merlo presentase publicamente a súa dimisión e en pleno debate sobre a continuidade de Quinteiro, Xoán Hermida anunciou que non asumiría o seu escano en caso de producirse unha vacante para, nas súas palabras, "elevar o listón ético" de En Marea.

Esta semana, Hermida reafirmouse na súa decisión de non asumir a súa acta pero aclarou que non renunciaría formalmente a ela ata que non se resolvese a continuidade de Paula Quinteiro. O Consello das Mares --órgano de dirección do partido instrumental-- ten previsto abordar a situación e podería convocar unha consulta ás bases que, en todo caso, non sería vinculante.

Para evitar que, transcorridos cincos días desde a súa proclamación como deputado, fose adscrito ao Grupo Mixto e En Marea perdese a súa condición de principal forza da oposición, Villares e Hermida pactaron que este último se unise de forma "provisional" ao grupo. No escrito remitido á Mesa do Parlamento, Xoán Hermida recolleu que renuncia aos dereitos e prerrogativas asociadas ao escano --entre elas o salario--, o cal será efectivo cando transcorran tres plenos ordinarios e non tome posesión formal do escano.

COMUNICADO DE QUINTEIRO

Na súa mensaxe, Paula Quinteiro censura que Xoán Hermida a vincúle  a "actos vandálicos" e incorra en "difamacións" cara á súa persona "ao levantar calumnias e afirmacións totalmente falsas e vulnerando os principios éticos do espazo de ruptura".

Así, chama a actuar con "responsabilidade" a "todas as persoas involucradas no acoso público" que Quinteiro di estar a sufrir e pide que "cesen na súa actitude" porque "prexudica ao conxunto do espazo"."Sinto que o ocorrido estas semanas chegase a este punto, no que están a saír este tipo de titulares no canto de falar dos asuntos polos que a xente depositou a confianza en nós", apunta.

Por último, reclama a Xoán Hermida que retire "na maior brevidade" as "constantes difamacións" vertidas sobre ela e que, no caso de que non o faga, resérvase "o dereito a emprender as accións pertinentes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

10 zcosta

Os podemitas agharranse a acta de deputado como se fose un master da juanca uni... ou unha deputacion do bloque-psoe

9 Un calquera

O seu éxito foi como unha apisonadora. Iso fixo que nin pensaran en tal éxito. Loxicamente o resultado é que á maioría dos electos/as a acta de parlamentario non lles queda grande..., quédalles enooormeeee. A consecuencia:o derrumbe que lles espera e a decepción total para moita xente.

1 O que queda do BNG

Queremos que nos sigan roubando os de toda a vida! Que volvan xa! Viva antes!

2 Un calquera

Creo que confundes o touciño coa velocidade. Nin o bng ten culpa de que romperan retrovisores, nin de que mintiran en curriculos ... E con respecto ao de roubar xa sobra calquera tipo de comentario. Tal como está a situación todo ese tinglado está absolutamente roto e desfeito só seguen xuntos "por la pasta". Por certo, votei dúas veces por en Marea pero xa non vai haber máis.

8 Faraldo

Paula Quinteiro falando de ética. Incrible

1 Bernal Calvo Delaciga

E ti, podes falar de ética atacando, acosanso e difamando día tras día a unha persoa dende o teu covarde anonimato?

7 Tristura

A situación de mulleres, menores, traballadores, familias está como está... ¿alguén oiu a algún destes e destas idear ou propoñer? ¿dar voz ou interesarse? ¿Pensan de verdade que alguén máis que os acólitos lles ha voltar votar? ¿En qué mundo vive esta xentiña?

1 anonimo

Eu sigo por internet a actividade política de En Marea e sí vin moitas propostas políticas en todos os eidos. Creo que Quinteiro debería dimitir, non estou dacordo con moitas cousas, pero non confundo unha cousa coa outra

6 Tiqueando Soma

Non paredes, seguide porque visto esta que ao voso electorado a falta de pan vaille o circo. Sodes o espello no que se mira chachiguayprogreladia porque sodes eles. Cada dia emocion e suspense... Para que se van a preguntar polo seu pan e o dos seus fillos? Para os que sodes de esquerdas ou tedes sentido comun: queixabadesvos dos da LOGSE... Agardade que cheghen os dos proxectos e as TIC. Iso si que vai ser divertido.