Temas: ACCIDENTE CEE

Un coche sen carné dá dúas voltas de campá dentro dun estadio no que nenos xogaban un campionato

A conductora, unha avoa que ía recoller ó seu neto, perdeu o control, acelerando no canto de frear.

Por Galicia Confidencial | Cee | 30/04/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Gran susto o que tiveron os participantes e asistentes a un campionato que tivo lugar este venres no campo do San Paio de Refoxos, na parroquia de Xallas, en Cee. Disputábanse os choques de benxamíns e alevíns do Unión Club Cee contra os equipos dos Miúdos.

O coche sen carné que provocou o incidente no campo de San Paio de Refoxos, en Cee
O coche sen carné que provocou o incidente no campo de San Paio de Refoxos, en Cee | Fonte: QPC

Cando comezaba o partido de alevíns, unha señora entrou no recinto deportivo cun microauto, ou vehículo sen carné, para recoller ao neto, benxamín do Cee que xa rematara o seu partido. Cando quixo dar a volta para volver saír do recinto, perdeu o control, e no canto de frear o coche, acelerou, batendo contra o valado do campo e dando dúas voltas de campá. O vehículo invadiu o terreo de xogo e quedou do revés cos dous ocupantes no seu interior.

Tras o incidente, directivos e público puideron dar volta ao coche, sacando aos dous tripulantes. A conductora sinalou que non lle freaba o coche. Pero, fontes do público sinalaro que lle debeu quedar atrancado o pé no acelerador, porque estando aínda boca abaixo, seguía acelerando. 

Co susto, supendeuse o partido, á espera da ambulancia, que tardou 45 minutos en chegar. Por fortuna, a muller non tivo feridas importantes, pero o cativo tivo que ser atendido por unha enfermeira que se atopaba entre o público, sobre todo por un shock importante.

Do medio colaborador QPC

Temas: ACCIDENTE CEE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta