Raimundo González, imputado por prevaricación y fraude.

Onte coñeceuse que o concelleiro de facenda de Pontevedra, Raimundo González Carballo, está imputado por dous delitos: prevaricación e fraude polo caso Naturgalia.

Por Telmo Martín | Pontevedra | 17/03/2011

Comparte esta noticia

En maio de 2009 presentamos no xulgado unha denuncia pola adxudicación irregular do axardinamento da Praza da Liberdade e por contratar a construción dunha glorieta en Loureiro Crespo saltándose a legalidade e cunha adxudicación a dedo.

Aquela actuación irregular orquestrada por Raimundo González foi un despropósito. Nove meses despois de que as obras foran inauguradas polo alcalde e polo edil de facenda convocouse unha mesa de contratación para montar un teatrillo. O noso concelleiro Jacobo Moreira deuse de conta da manobra que o goberno de Lores estaba tratando de executar.

O mandato está a piques de rematar. Durante estes catro anos, Raimundo González firmou actuacións que o converten no peor concelleiro de facenda da historia democráctica de Pontevedra. Autorizou gastos irregulares por 11M€ durante estes catro anos. Dos catro orzamentos que leva o mandato só foi quen de aprobar dous, e un con 7 meses de atraso. Pontevedra é a única das grandes cidades de Galicia que a estas alturas do ano non ten documento económico. Estes feitos xustificarían que se marchara para casa. O engano, a mentira e a manipulación son as armas preferidas de Raimundo González para defenderse do que non ten defensa.

O caso de Naturgalia centra este post, pero sería posible escribir un libro sobre a xestión económica deste goberno. Hai provedores sen cobrar e unha longa relación de asuntos que o goberno recurreu en segunda instancia para intentar evitar os intereses de demora.

Temos moi claro que o señor Raimundo González non é a persoa adecuada para xestionar os cartos dos pontevedreses. Ao principio do mandato propuxemos no Pleno a súa reprobación porque xa daquela as facturas de pequenos provedores comezaban a acumularse, ao igual que os recoñecementos extraxudiciais.

O concelleiro de facenda ten por costume dicir que xestiona como quere. Agora xa sabe que non pode actuar con impunidade. Xa veremos que nos atopamos cando cheguemos ao goberno… 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA