Abren a segunda edición de 'Conecta Fiction' en Santiago

A serie 'Limbo' de RTVE protagonizará tamén o acto de inauguración deste certame que arrinca este luns en Santiago cunha gala no Auditorio Abanca.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2018 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

O acto de inauguración da segunda edición do certame 'Conecta Fiction', que arrinca este luns en Santiago cunha gala que terá lugar no Auditorio Abanca. Así, Galicia converterase de novo nun punto de encontro para a industria das series de televisión con 'Conecta Fiction', un evento que incrementa nun 20 por cento o número de acreditados e xa esgotou as prazas dispoñibles, segundo informa a Consellería de Cultura.

Xabier Díaz, no festival Womex
Xabier Díaz, no festival Womex

Deste xeito, entre os días 18 e 21 de xuño uns 500 profesionais de 20 países daranse cita na capital galega nun evento que ten por obxectivo tecer rede entre o sector da ficción televisiva. A Xunta de Galicia, ICEX e Fundación SGAE promoven unha iniciativa que reunirá na Cidade da Cultura ás principais canles de televisión do mundo, como Netflix, HBO, Mediaset ou Amazon.

Ademais, este ano incorpórase ao evento un festival de series titulado 'Conecta Fiction Fest', que estará dedicado exclusivamente ás producións de Movistar+, que presentará a súa oferta os días 21 e 22 no Teatro Principal e o Auditorio Abanca.

INAUGURACIÓN

A gala de inauguración terá lugar este luns a partir das 19,30 horas no Auditorio Abanca, onde o músico galego Xabier Díaz presentará o seu último traballo.

Durante a gala presentarase 'Limbo', a nova ficción da plataforma dixital de RTVE, 'Playz'. Trátase dunha serie de misterio creada por Nicolás Britos e cun elenco no que figuran actrices emerxentes como Ingrid García-Jonsson e intérpretes consolidados, como Eloy Azorín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta