Jacinto Rey cede ante Rajoy

O empresario propietario de Xornal impulsa a saída do director deste medio, José Luis Gómez, tras a publicación dunha foto comprometida do líder do PP.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 01/04/2011 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

José Luis Gómez deixa a dirección de Xornal de Galicia. Esta decisión chega tras os consellos de Jacinto Rey, o empresario dono de Xornal de Galicia a través de Udramedios, a división de medios de comunicación do Grupo San José. Uns consellos que chegan tras unha tensa conversa que o secretario xeral do PP, Mariano Rajoy mantivo con Rey.

E é que o líder popular montou en cólera tras a publicación por parte de Xornal e do diario Público dunha fotografía na que aparecía a bordo do iate Moropa, pertencente ao clan de Os Caneos de Cambados, con varias xeracións de condenados por tráfico de drogas. E a reacción inmediata foi chamar a Jacinto Rey para pedir explicacións por esta información.

Futuro presidente

Segundo as fontes consultadas, Rajoy insinuou que será o presidente do Goberno en breve, o que implica ter o poder de continuar adxudicando, ou non, obras públicas ás grandes empresas españolas, entre elas, por suposto, á Constructora San José. Un aviso que Rey captou de inmediato. As fontes consultadas divirxen no contido completo desa conversa pero todas coinciden en que Rajoy lle pediu a cabeza de Gómez.

A información publicada o luns por Xornal non só causou indignación na sede do PP en Génova, senón tamén, no PP de Galicia. De feito, e segundo as fontes consultadas por Galicia Confidencia, o presidente galego Núñez Feijóo era consciente xa desde mediados desta semana que o xa ex director de Xornal tiña un pe fora da empresa.

"Ariete" do PSOE


E é que os populares galegos acusan a este medio de ser un "ariete" do PSOE, especialmente, nos últimos meses, tras o acercamento deste medio a José Blanco, que mantén boas relacións con Jacinto Rey. De feito, o empresario pontevedrés é un dos grandes beneficiarios das obras do Ministerio de Fomento.

Hai escasamente dous meses, Xornal de Galicia renovaba o seu Consello de Administración. O empresario Alfonso Paz-Andrade era nomeado novo presidente do Consello de Administración substituíndo no cargo a Domingo Docampo. Xunto a el están agora Xosé Díaz Arias, fillo de Isaac Díaz Pardo, como vicepresidente primeiro e Miguel Barros, histórico dirixente socialista, que xa formaba parte do Consello de Administración, como vicepresidente segundo. Uns cambios que se interpretaron como unha aproximación ao PSOE.

O que queda por dilucidar é o futuro de Gómez, que tamén é accionista e conselleiro desta empresa de comunicación, froito da súa participación a través de Xornal Galinet SA, a empresa editora do primixenio xornal.com.

Fonda relación

Non é a primeira vez que Gómez e Rey manteñen diferencias. A primeira delas foi en 2004, cando se abortou a primeira operación para sacar Xornal de Galicia en papel. Entón o detonante foi a dimisión do profesor José María da Rocha como presidente e conselleiro delegado un mes despois de ser nomeado. Entón, Rey posuía o 32% de Xornal Galinet. A relación retomouse pouco despois, e en 2008 saía a rúa, Xornal de Galicia. Durante estes dous anos e medio houbo máis crisis internas, a máis grave, a saída do xerente Miguel Angel Souto, cuñado de Rey, en febreiro de 2010, por "diferencia de criterio" empresarial con Gómez.

Non é a primeira vez que en Galicia Confidencial falamos dos intereses económicos e políticos que rixen aos grandes medios de comunicación, nin será a última. Antes de invertir en Xornal, San José fíxose co dominio de Promocións Culturais Galegas, na que invertiu máis dun millón e medio de euros en 2006. Esta empresa, editora do semanario nacionalista A Nosa Terra, iniciou un ambicioso proxecto de crecemento que acabou en fracaso e coa empresa en suspensión de pagos.

Galicia Confidencial seguirá informando desta nova e tentará achegar tamén a opinión dos principais actores.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 79 comentarios

24 dani

nas ultimas ajudas da junta aos medios jornal so recibiu 3000 euros....vai haber que contentar a feijoo e companhia......

23 os de sempre

eu voume meter fotógrafo porque vexo que as fotos páganse carísimas.

22 mansdodemo

Así está a prensa!...... E practicamos o peloteo cos políticos!. Se hai "ferida" polo barco, que o pensara antes de meterse nel. ¿Non lembrades o de Quintana?. A prensa, debera ser totalmente independente e ética, con unha información veraz aínda que non sexa do agrado dalgúns. ¡Xornais independentes!

1 mansdodemo

Esta é a democracia que temos?. ¡Aviados estamos!.

2 Corina Alcaldesa

Para o PP é máis grave a foto de Quintana cun empresario que a foto de Rajoy nun barco de narcotraficantes... Eses son os que nos van a gobernar. http://www.corinaalcaldesa.com/?p=2...

3 mansdodemo

Todo o que "cheira" a narcotráfico é moi grave. A serie de TVG "Matalobos" reflexa moi ben o que aconteceu e segue a acontecer co narcotráfico nalgúns currunchos da nosa terra, ¿non é así?.

4 Xan d¨Outeiro

De verdade eres corina alcaldesa ou ex-alcaldesa. Claro que aqui podemos chamarnos como gustemos. Pero indo ao gran, cres máis grave Quintana con J. Rey que Rajoi nun barco de narcotrafivantes? De verdade? Entón tes que ir axiña ao sicólogo. O teu é grave. Entre empresarios e narcos ainda existen diferencias, non si?

21 CranioF

Matar ao mensaxeiro. O que tiñan que ter feito Rajoy e os seus colaboradores era saber de antemano ónde podía meterse e ónde non. A metedura de pata foi deles. E este arrebato de "Berlusconismo" non me gusta nada. Mal empezamos, Mariano.

20 Hamlet

En calquera caso, a miña visión do tema é a seguinte: Rajoy, lider da oposición e futuro presidente do goberno central, emprega a coacción a un medio de comunicación, e provoca o cese do seu director. E ainda hai quen se vai abster nas vindeiras eleccións?