Jacinto Rey cede ante Rajoy

O empresario propietario de Xornal impulsa a saída do director deste medio, José Luis Gómez, tras a publicación dunha foto comprometida do líder do PP.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 01/04/2011 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

José Luis Gómez deixa a dirección de Xornal de Galicia. Esta decisión chega tras os consellos de Jacinto Rey, o empresario dono de Xornal de Galicia a través de Udramedios, a división de medios de comunicación do Grupo San José. Uns consellos que chegan tras unha tensa conversa que o secretario xeral do PP, Mariano Rajoy mantivo con Rey.

E é que o líder popular montou en cólera tras a publicación por parte de Xornal e do diario Público dunha fotografía na que aparecía a bordo do iate Moropa, pertencente ao clan de Os Caneos de Cambados, con varias xeracións de condenados por tráfico de drogas. E a reacción inmediata foi chamar a Jacinto Rey para pedir explicacións por esta información.

Futuro presidente

Segundo as fontes consultadas, Rajoy insinuou que será o presidente do Goberno en breve, o que implica ter o poder de continuar adxudicando, ou non, obras públicas ás grandes empresas españolas, entre elas, por suposto, á Constructora San José. Un aviso que Rey captou de inmediato. As fontes consultadas divirxen no contido completo desa conversa pero todas coinciden en que Rajoy lle pediu a cabeza de Gómez.

A información publicada o luns por Xornal non só causou indignación na sede do PP en Génova, senón tamén, no PP de Galicia. De feito, e segundo as fontes consultadas por Galicia Confidencia, o presidente galego Núñez Feijóo era consciente xa desde mediados desta semana que o xa ex director de Xornal tiña un pe fora da empresa.

"Ariete" do PSOE


E é que os populares galegos acusan a este medio de ser un "ariete" do PSOE, especialmente, nos últimos meses, tras o acercamento deste medio a José Blanco, que mantén boas relacións con Jacinto Rey. De feito, o empresario pontevedrés é un dos grandes beneficiarios das obras do Ministerio de Fomento.

Hai escasamente dous meses, Xornal de Galicia renovaba o seu Consello de Administración. O empresario Alfonso Paz-Andrade era nomeado novo presidente do Consello de Administración substituíndo no cargo a Domingo Docampo. Xunto a el están agora Xosé Díaz Arias, fillo de Isaac Díaz Pardo, como vicepresidente primeiro e Miguel Barros, histórico dirixente socialista, que xa formaba parte do Consello de Administración, como vicepresidente segundo. Uns cambios que se interpretaron como unha aproximación ao PSOE.

O que queda por dilucidar é o futuro de Gómez, que tamén é accionista e conselleiro desta empresa de comunicación, froito da súa participación a través de Xornal Galinet SA, a empresa editora do primixenio xornal.com.

Fonda relación

Non é a primeira vez que Gómez e Rey manteñen diferencias. A primeira delas foi en 2004, cando se abortou a primeira operación para sacar Xornal de Galicia en papel. Entón o detonante foi a dimisión do profesor José María da Rocha como presidente e conselleiro delegado un mes despois de ser nomeado. Entón, Rey posuía o 32% de Xornal Galinet. A relación retomouse pouco despois, e en 2008 saía a rúa, Xornal de Galicia. Durante estes dous anos e medio houbo máis crisis internas, a máis grave, a saída do xerente Miguel Angel Souto, cuñado de Rey, en febreiro de 2010, por "diferencia de criterio" empresarial con Gómez.

Non é a primeira vez que en Galicia Confidencial falamos dos intereses económicos e políticos que rixen aos grandes medios de comunicación, nin será a última. Antes de invertir en Xornal, San José fíxose co dominio de Promocións Culturais Galegas, na que invertiu máis dun millón e medio de euros en 2006. Esta empresa, editora do semanario nacionalista A Nosa Terra, iniciou un ambicioso proxecto de crecemento que acabou en fracaso e coa empresa en suspensión de pagos.

Galicia Confidencial seguirá informando desta nova e tentará achegar tamén a opinión dos principais actores.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 79 comentarios

34 Pepe que non Pepé

En Galicia no hay huevos para sacar a las sanguijuelas de medianceiros que nos chuparon la sangre toda la vida y que no han hecho por ella más que expoliarla, repartírsela para ellos y los suyos y hacer que el pueblo sienta odio de su propia tierra.

1 Porco Jones

Parabens polo poder das túas verbas meu, non se pode explicar melhor a nosa doenza!

33 Dante

Esto es un abuso flagrante de poder. Donde esta la libertad de expresión? Y todos necesitamos saber las conexiones de Rajoy con un narco. Es un escándalo

32 bng/pp/psoe a mesma merda é

A mentira ten as patas moi cortas e para que non haxa dúbidas, quen escribe isto xamais votou ao PP. A última vez votei ao PSOE, antes ao BNG e nos tempos de Albor a AP. Lendo toda "porcallada" que circula agora por Internet, parece que José Luis Gómez foi o que descubriu a pólvora: http://www.lavozdegalicia.es/espana... Pero é que se pinchamos neste enlace veremos a razón de estar nese barco: http://www.lavozdegalicia.es/espana... "La primera batalla que quieren plantear los populares tiene que ver con las importaciones pesqueras. «Queremos que se controle su legalidad y que esos productos pasen los mismos controles que los nuestros», aseguró Rajoy. La iniciativa se podrá aplicar a los productos agrícolas. «Esta batalla por la transparencia es nuestro objetivo básico», añadió Rajoy, quien pudo visitar la lonja, subirse a un barco y departir con los marineros inmigrantes del municipio".

1 Perfecto

Moi ben explicado. Rajoy pasaba por alí, non estaba de marcha nun iate co dono do barco como Quintana. Parece o mesmo pero non é.

2 Xan d¨Outeiro

Agora todos xogamos a demócratas e a honestos, pero cando se nos presenta a oportunidade de aproveitarnos de algo, ainda que non sexa moi corrcto, miramos para outro lado, tapamos o nariz e adiante. Sexamos serios. Os políticos deben poder falar con quen sexa sen que os acribillen. O que hai que esixirlles e coherencia no resultado das súas xestións públicas; que traballe polo ben dos cidadáns ainda que teña que falar con narcos ou subirse a un iate dun empresario. Que facemos todos na vida diaria? pasamos a lupa a todo o noso comportmente habitual? Non movemos unha palla que non estea limpa de culpa? A hipocresia é un deporte moi feo ainda que moi habitual.

31 psoe/pp a mesmamerdae

sae mais barata a droja que as chuches, el xa avisou

1 Cale

Quererás dicir "lambetadas", "larpeiradas" etc. Chuches non é palabra galega, horríbel mesmo en castelán. Non se trata de aprender o idioma senón de non esquecelo.

30 Ratón

O primeiro fracaso de A Nosa Terra foi ficharte a ti, alma cándida. Aprende a escribir, Jorge