Jacinto Rey cede ante Rajoy

O empresario propietario de Xornal impulsa a saída do director deste medio, José Luis Gómez, tras a publicación dunha foto comprometida do líder do PP.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 01/04/2011 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

José Luis Gómez deixa a dirección de Xornal de Galicia. Esta decisión chega tras os consellos de Jacinto Rey, o empresario dono de Xornal de Galicia a través de Udramedios, a división de medios de comunicación do Grupo San José. Uns consellos que chegan tras unha tensa conversa que o secretario xeral do PP, Mariano Rajoy mantivo con Rey.

E é que o líder popular montou en cólera tras a publicación por parte de Xornal e do diario Público dunha fotografía na que aparecía a bordo do iate Moropa, pertencente ao clan de Os Caneos de Cambados, con varias xeracións de condenados por tráfico de drogas. E a reacción inmediata foi chamar a Jacinto Rey para pedir explicacións por esta información.

Futuro presidente

Segundo as fontes consultadas, Rajoy insinuou que será o presidente do Goberno en breve, o que implica ter o poder de continuar adxudicando, ou non, obras públicas ás grandes empresas españolas, entre elas, por suposto, á Constructora San José. Un aviso que Rey captou de inmediato. As fontes consultadas divirxen no contido completo desa conversa pero todas coinciden en que Rajoy lle pediu a cabeza de Gómez.

A información publicada o luns por Xornal non só causou indignación na sede do PP en Génova, senón tamén, no PP de Galicia. De feito, e segundo as fontes consultadas por Galicia Confidencia, o presidente galego Núñez Feijóo era consciente xa desde mediados desta semana que o xa ex director de Xornal tiña un pe fora da empresa.

"Ariete" do PSOE


E é que os populares galegos acusan a este medio de ser un "ariete" do PSOE, especialmente, nos últimos meses, tras o acercamento deste medio a José Blanco, que mantén boas relacións con Jacinto Rey. De feito, o empresario pontevedrés é un dos grandes beneficiarios das obras do Ministerio de Fomento.

Hai escasamente dous meses, Xornal de Galicia renovaba o seu Consello de Administración. O empresario Alfonso Paz-Andrade era nomeado novo presidente do Consello de Administración substituíndo no cargo a Domingo Docampo. Xunto a el están agora Xosé Díaz Arias, fillo de Isaac Díaz Pardo, como vicepresidente primeiro e Miguel Barros, histórico dirixente socialista, que xa formaba parte do Consello de Administración, como vicepresidente segundo. Uns cambios que se interpretaron como unha aproximación ao PSOE.

O que queda por dilucidar é o futuro de Gómez, que tamén é accionista e conselleiro desta empresa de comunicación, froito da súa participación a través de Xornal Galinet SA, a empresa editora do primixenio xornal.com.

Fonda relación

Non é a primeira vez que Gómez e Rey manteñen diferencias. A primeira delas foi en 2004, cando se abortou a primeira operación para sacar Xornal de Galicia en papel. Entón o detonante foi a dimisión do profesor José María da Rocha como presidente e conselleiro delegado un mes despois de ser nomeado. Entón, Rey posuía o 32% de Xornal Galinet. A relación retomouse pouco despois, e en 2008 saía a rúa, Xornal de Galicia. Durante estes dous anos e medio houbo máis crisis internas, a máis grave, a saída do xerente Miguel Angel Souto, cuñado de Rey, en febreiro de 2010, por "diferencia de criterio" empresarial con Gómez.

Non é a primeira vez que en Galicia Confidencial falamos dos intereses económicos e políticos que rixen aos grandes medios de comunicación, nin será a última. Antes de invertir en Xornal, San José fíxose co dominio de Promocións Culturais Galegas, na que invertiu máis dun millón e medio de euros en 2006. Esta empresa, editora do semanario nacionalista A Nosa Terra, iniciou un ambicioso proxecto de crecemento que acabou en fracaso e coa empresa en suspensión de pagos.

Galicia Confidencial seguirá informando desta nova e tentará achegar tamén a opinión dos principais actores.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 79 comentarios

9 Roel

Os que perdemos todas as batallas tamén perderemos a batalla por un xornal na nosa lingua ou alomenos non ninguneante dela. O poder e intereses económicos fagocitan calquera esperanza de ter un medio escrito non controlado ou afín ao PP en Galicia. Máis aínda así seguiremos traballando polo que somos e defendendo o que pensamos xusto. Ánimo a todos os galegos de ben, soñadores e loitadores polo noso e o noso orgullo, nun día de tristes consecuencias e realidades como este. Parabéns a GC por facer público este tema.

1 o barqueiro que di as verdades

Pouco futuro tiña un xornal "galeguista" cun propietario que depende direitamente das concesións de obra pública do Goberno. Por moito que joda, é a pura verdade. Nin Calígula nin farrapos de gaita.

8 pepe

Galicia Confidencial en qué quedamos: Xornal aproxímase ao PSOE ou fai o que lle manda o PP? Non tedes moito rigor.

1 todoporlapasta

Os responsables de Xornal aproxímanse á PELA

2 un que pasa

Non meu Xornal aproximase a quen lle dé pasta. Primeiro era Blanquito e o ano que ven será Marianiño.

3 Cangueiro74

Nas deputacións quen máis reparte e o PSOE. O PSOE prefire un xornal que coma na sua man a que coma do que lle van dando os 4 do BNG que poden pagar anuncios das deputacións... así de claro. O Xefe do Xornal e J. Rey e ainda que este non gostara do PP ten moitos intereses en sitios onde manda o PP. O director do seu Xornal meteuse co superxefe do PP e a este cortanlle o capito ou o J. Rey comezará ter problemas serios onde goberna o PP. O do barco dos narcos prometía ser unha das cantinelas das vindeiras eleccións, que ainda está por ver o que fai Público e outros media cando esteamos en plena campaña. Meses atrás xa se informaba en moitos foros de que a continuidade de Xornal dependía de que S. José conseguira ou non a adxudicación da construcción dun hospital en Vigo. Que tiñan que facer Xornal + J. Gómez + J. Rey para non disgustar ao PP e particularmente a Feijoo nestoutro asunto? A verdade é que non teño nin idea!

4 XIROFER

Que Xornal naceu para cortocircuitar a La Voz de Galicia é un feito. Lembremos o que dixo Santiago Rey cando naceu: "apoiado por gente sin escrúpuilos y por medios poco claros". Claro que iso seria así de gañar as eleccións. Como o fixeron tarde e mal perderon ante a ira da Coz; menuda coz!! Agora S.Rey está defendendo os seus negocios que pasan polo P.P. Esa é a indeñendencia deste e daquel xornal. Pero é o que queremos. A liberdade individual e de información hai que gañala entre todos, non esperar a que nola ofrezza un empresario por moi galeguista e demócrata que se confese.

7 Terelu Campos

Bom momento para uma direitora num medio galego: Ana María Ríos, a perruqueira de Arcade, a que enssinou as perolas no Interviú. Galeguissmo e libertaçom!

6 O_Burro

Esa foi boa :)

5 Cándido

Por fin se hace justicia. ya era hora que alguien le parara los pies a ese señor vendido al PSOE. Y ahora el Xornal ya sabe lo que le queda. Si quiere comer, que deje comer.

1 Benja

Opinaras lo mismo de La Voz de Galicia,Intereconomía, Cope y una larga lista de medios en los que la libertad de opinión es un recuerdo del pasado, o no los citas porque son ellos los que comen

2 Xan d¨Outeiro

Dende logo mostar satisfacción porque se faga dimitir o director dun xornal por un político é mostrar a súa faciana de dictador confeso. Os xornais deben ter un dirctor cunha mínima liberdade por respecto aos seus lectores, non aos afiliados a este ou aquel partido.X.L. Gómer non era un libertario pero mantiña un nivel que xa quixeramos para o resto dos xornais. Non ver isto é ser un auténtico imbécil. Así de craro.