O Concello de Santiago inicia unha solución provisional para preservar os concertos da zona vella

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, sinalou en rolda de prensa que esta modificación provisional da ordenanza municipal actúa a modo de "parche". Tamén asegurou que atopar unha "solución definitiva" para preservar os concertos é unha das prioridades do Concello e prevé poder conseguila para o "final do verán".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2018 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

O Consistorio de Santiago realizará unha modificación provisional da ordenanza municipal que regula a insonorización dos locais para que as actividades musicais características da zona vella poidan levarse a cabo, despois da entrada en vigor da nova lei galega de espectáculos.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega. EUROPA PRESS - Archivo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

O alcalde compostelán, Martiño Noriega, anunciou este venres en rolda de prensa  a aprobación desta "modificación puntual", que foi ratificada pola xunta de goberno e que actúa de "parche" mentres o consistorio traballa por "unha solución definitiva".

O principal obstáculo que apunta Noriega respecto da nova lei que regula os espectáculos públicos, entrou en vigor o 2 de xullo,  radica en que os locais que non contan con licenza de "sala de concerto" atoparán dificultades á hora de organizar actividades musicais no seu interior, xa que necesitan un permiso que debe ser autorizado pola Xunta.

Ante esto, a "solución puntual" proposta polo goberno de Compostela Aberta, segundo explicou o rexedor, pasa por desligar as actividades musicais da categoría do local onde se realicen e dotalas así de seguridade xurídica, independentemente do espazo onde sexan desenvolvidas, a condición de que cumpran as condicións de insonorización.

Esta modificación provisional tamén será aplicable ás terrazas dos establecementos e debaterase este mes de xullo no pleno local. Neste sentido, Noriega cre que o período de aplicación dependerá de "cuestións técnicas" de tempos e non de "falta de consenso" entre os grupos municipais.

SOLUCIÓN DEFINITIVA

Con todo, o alcalde santiagués asegurou que o seu equipo está a traballar nunha "modificación global" da ordenanza municipal para manter a "particularidade" da capital galega, en referencia á música en directo na zona vella.

Atopar unha "solución definitiva" para preservar os concertos é unha das prioridades do Concello e o primeiro edil espera conseguila para o "final do verán".Así mesmo, engadiu que se mostra "optimista" á hora de chegar a un "consenso" para a aprobación da "modificación  global" na que o goberno local traballa.

Desta forma, dixo que se poría fin a "os parches" que se critican desde as asociacións de artistas locais, que reclaman unha medida concluínte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta