Acordo unánime no ERE en Adolfo Domínguez que reduce case á metade os despidos

Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), CIG e UGT pecharon cun acordo o expediente de regulación de emprego en Adolfo Domínguez, que reduce case á metade o número de despedimentos previstos e mellora outros aspectos laborais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/07/2018 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

A pretensión de Adolfo Domínguez era rescindir 110 contratos, dos cales 70 serían en tendas de todo o Estado e 40 dos servizos centrais de Ourense. As indemnizacións serían de vinte días por cada ano traballado, cun máximo de doce mensualidades. Pero tras as negociacións, que duraron máis dun mes porque non foi ata os últimos días que a Dirección da empresa accedeu a facilitar os datos necesarios, CCOO, CIG e UGT pecharon cun acordo unánime o ERE en Adolfo Domínguez. Un acordo que reducía case á metade o número de despidos e melloraba as condicións de saída.

Tenda Adolfo Domínguez
Tenda Adolfo Domínguez

A NEGOCIACIÓN

A comisión negociadora, constituída o pasado 6 de xuño, chegou esta mesma semana ao  acordo. Unha comisión que traballou, segundo indica, co obxectivo de manter o máximo emprego posible e, cun labor tenda por tenda, para substituír emprego precario e temporal por emprego fixo. Ademais, "baralláronse alternativas, como os traslados de persoal entre distintos centros de traballo, para minimizar o impacto dos despedimentos e reducir a amortización de postos".

En canto ao persoal recolocado, a empresa garante que seguirá a cobrar o mesmo, incluso nos casos en que na tenda de destino realice unha xornada inferior. Iso si, sempre que a diferenza de xornada non supere o 20 %.

Froito deste labor, sinalan, conseguiuse reducir de 110 a 56 o número de despedimentos. Destes, 38 serán en tendas e 18 en servizos centrais. Ademais de rebaixar á metade o impacto no emprego, tamén se conseguiu mellorar as condicións de saída, con  indemnizacións de trinta días por ano de servizo e un máximo de dezaoito mensualidades.  Así mesmo, a empresa comprométese a non presentar ningunha outra medida de despedimento colectivo no prazo de dous anos a contar a partir do vindeiro 31 de decembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta