O Resurrection Fest pecha esta edición con 81.352 asistentes de 42 países

O Resurrection Fest de Viveiro vendeu todas as entradas na xornada do sábado, con Kiss e Prophets of Rage como cabezas de cartel.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2018 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

O Resurrection Fest de Viveiro vendeu todas as entradas na xornada do sábado, con Kiss e Prophets of Rage como cabezas de cartel. Concluída a décimo terceira edición, os organizadores cifran en 81.352 os asistentes vindos de 42 países distintos. Este dato contabiliza e suma o público de cada un dos días, que no caso dos que tiñan o abono é a mesma persona.

Resurrection Fest, edición 13. REMITIDA
Resurrection Fest, edición 13. REMITIDA | Fonte: Europa Press

É o terceiro ano que o Resurrection Fest colga o cartel de 'non hai entradas' para un dos días. O ano pasado, foi coincidindo coa actuación de Rammstein, e o anterior, con Iron Maiden como prato forte.

Este ano houbo máis cambios de horarios dos habituais a última hora debido a voos cancelados e problemas de loxística, polo que os organizadores agradecen a comprensión do público. Polo demais, a edición transcorreu con normalidade, sen incidentes.

"Viveiro segue sendo un dos alicerces neste festival. Conseguir esa implicación coa súa xente, quen recibe cos brazos abertos a todos os peregrinos, fai que a experiencia do noso público sexa totalmente diferente á de calquera outro festival", resaltan.

Así, "en especial", dán as grazas aos veciños de Celeiro, que "sofren" os problemas na circulación, ruídos e demais, "e a pesar de todo, seguen contentos" recibíndolles todos os anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta