Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2018 | Actualizada ás 14:14
As altas temperaturas prolongadas e o tempo seco en Galicia manteñen o risco de incendios forestais en niveis moi altos ou extremos na maior parte da comunidade, sobre todo nas provincias de Ourense e Pontevedra.
Así, segundo recolle o Índice de Risco de Incendio Forestal (IRDI), que publica diariamente a Consellería de Medio Rural, o risco de incendio é extremo en toda a provincia de Ourense, así como na maior parte de Pontevedra e centro e sur de Lugo. Ademais, hai risco moi alto de incendios norte da provincia de Pontevedra, Sur da Coruña e Centro de Lugo, así como na zona de Ortegal, onde tamén hai áreas de risco extremo.
Para o establecemento do IRDI tense en conta a conxunción dos seguintes factores: a situación meteorolóxica, o estado da biomasa vexetal, o das infraestruturas preventivas, das masas arbóreas e o do chan.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.