A Mesa edita unha guía bilingüe para que os turistas saquen "un sorriso" aos santiagueses falando en galego

“As persoas de Santiago valoran positivamente cando os visitantes fan un esforzo por falárenlles en galego. Se vas ficar na cidade uns cantos días, sería unha boa idea aprender algunhas palabras como: bo día, grazas e adeus", recolle o documento que estará en galego e en inglés.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/08/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística acaba de editar unha guía turística alternativa de Santiago de Compostela en colaboración coa asociación cultural Cidade Vella e o Festival Feito á man. Unha guía bilingüe galego-inglés na que se fai un particular percorrido histórico, cultural e lingüístico pola capital galega.

Peregrino ante a Catedral de Santiago. CEDIDA - Archivo
Peregrino ante a Catedral de Santiago. CEDIDA - Archivo

"A guía que pretende achegar a cultura e lingua galegas ás persoas que nos visitan, comeza cunha breve historia da cidade e alén de citar os monumentos máis representativos a visitar, tamén dá información de lugares onde tomar algo ou expresións simples en galego e inglés", indica a entidade nun comunicado.

Na guía salientase que Santiago foi a capital do Reino de Galiza que tivo un “esplendor político, económico e cultural” na Idade Media no que tamén se desenvolveu unha ampla obra en “lírica galego-portuguesa” que chegou “ás principais cortes europeas”.

"PRESIÓN" DO CASTELÁN

O documento tamén destaca que o Reino de Galiza entrou en decadencia desde o século XIV, pasando a depender da coroa de Castela. "O castelán será a lingua do poder exercendo grande presión contra o galego, que vivirá grazas ao seu uso do pobo", recolle. Ademais, tamén se lembran os grandes persoeiros da cultura galega como Rosalía de Castro e tamén o alcalde galeguista Ánxel Casal, asasinado en 1936 “vítima da represión fascista baixo a ditadura do xeneral Franco”.

“As persoas de Santiago valoran positivamente cando os visitantes fan un esforzo por falárenlles en galego. Se vas ficar na cidade uns cantos días, sería unha boa idea aprender algunhas palabras como: bo día, grazas e adeus... Ao empregares estas palabras conseguirás un sorriso das persoas de Santiago”, destaca o documento.

A guía recomenda visitar a Praza de Cervantes, o Pórtico da Gloria, o Monumento a Rosalía de Castro, o Panteón de galegos ilustres, o Panteón Real da Catedral, O castela da Rocha, A praza de Abastos, Rúa do Vilar, As Marías ou a Rúa da Moeda Vella.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Cidadán

Pailán: comparar tu chiringuito upegallo con el Instituto Cervantes es como comparar a Bieito Lobeira con Aristóteles. Las grandes lenguas del mundo tienen instituciones que se dedican a su promoción, ya sea el British Council, el Goethe, o el Camoes. Los chiringuitos de partido son otra cosa muy distinta. Por cierto,¿qué hay de la cuantía de la subvención?

2 Un de paso

Non parece unha mala idea. Está ben que os turistas poidan coñecer algo da especificidade histórica e lingüistica de Galicia. O problema que lle vexo é que, sabendo que boa parte do turismo de Santiago é de orixe española, non estea tamén en castelán. Para ter en conta para unha próxima edición. ;-)

1 Cidadán

Puede saberse cual es el importe de la subvención que ha recibido esa cosa llamada A Mesa por este nuevo invento?

1 Cidadá

Non sei o importe. O que importa é escribir correctamente no idioma que sexa, revisa ese CUAL sen til que usas, en castelán o cuÁl interrogativo debe levar til para diferenciala do pronome relativo. Reclamo máis subvencións para as Escolas de Adultos. Saúdos.

2 Pailán

Pues unos treinta - treinta y un millones de euros menos que los que recibe el Instituto Cervantes. Saludos.

3 CiudadanosAgresores

Cidadán, es increíble que después de pegar a cámaras de televisión aún tengas tiempo de venir aquí a decir tus estupideces. Vete a pedir cuentas al instituto cervantes