O choque de tres camións no polígono industrial de San Cibrao das Viñas sáldase sen feridos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2018 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

O choque entre tres camións no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, en Ourense, saldouse sen feridos e tan só con danos materiais, segundo informou o servizo de emerxencias do 112 Galicia.

Polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense
Polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense | Fonte: googlemaps

A colisión por alcance produciuse ao redor das 11,00 horas, á altura de rúa número 1, no polígono industrial. O 112 tivo constancia do sinistro pola chamada de alerta dun dos condutores, que avisaba de que nin el nin os outros dous camionerons resultaran feridos e que, pese ao impacto, os danos materiais tamén eran escasos.

Ningún dos vehículos tivo que ser inmobilizado. En todo caso, até o lugar, tras o aviso do 112 Galicia, desprazáronse os axentes de tráfico e os bombeiros de San Cibrao.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta