Investigan unha empresa de Cerceda por unha vertedura ao río Acebedo pola que morreron decenas de troitas

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Garda de Ordes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2018 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

A Patrulla de Protección á Natureza da Garda Civil con base en Arteixo (A Coruña) investigou a unha empresa situada no polígono de Acebedo, en Cerceda, en relación a unha vertedura ao río, o 4 de setembro, que provocou a morte dunhas 150 troitas.

Central térmica de Meirama en Cerceda, de Gas Natural Fenosa
Central térmica de Meirama en Cerceda, de Gas Natural Fenosa

A Garda Civil informou que a empresa foi investigada como suposta responsable dun delito relativo á protección da flora e a fauna, pola vertedura de sustancias tóxicas ao río Acebedo, que tería provocado a mortaldade de numerosas troitas de distintos tamaños.

As dilixencias sobre o asunto xa foron remitidas ao Xulgado de Garda de Ordes (A Coruña).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta