Temas: VIñO VALDEORRAS

Valdeorras saca músculo por terras vascas

A D.O. Valdeorras estará presente ata o día 10 de outubro no foro San Sebastián Gastronomika, un dos salóns gastronómicos máis importantes do país.

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 10/10/2018 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

O Consello Regulador desembarca en Donostia con 21 adegas valdeorresas e 52 referencias distintas dos seus mellores caldos. Será a cuarta vez que acode a este evento que este ano celebra o seu vixésimo aniversario e cun cartel de luxo en canto a chefs se refire. Estarán presentes, entre outros cociñeiros de contrastado prestixio, Juan Mari Arzak, Martín Berasategui, Pedro Subijana, Joan Roca, Carme Ruscalleda, Quique Dacosta.

Cata de viños na 'San Sebastian Gastronomika'. Fonte: Web San Sebastian Gastronomika
Cata de viños na 'San Sebastian Gastronomika'. Fonte: Web San Sebastian Gastronomika

O Presidente da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando, destaca que das 21 adegas presentes no San Sebastian Gastronomika case a metade están amparadas polo selo do Consello, unha cifra moi relevante que evidencia o poder de convocatoria e nivel deste encontro.  Segundo sinala García Pando, “alí estaremos cun stand propio e cos obxectivos inmediatos de asentar o coñecemento dos viños valdeorreses no norte de España”. Segundo datos do Consello Regulador, Madrid e o norte do Estado son as zonas nas que máis presenza teñen os viños de Valdeorras co cal a prioridade para este organismo é manter a presenza e fortalecer a marca nestes territorios.

Visitantes no Stand da DO Valdeorras. Fonte: DO Valdeorras
Visitantes no Stand da DO Valdeorras. Fonte: DO Valdeorras
Temas: VIñO VALDEORRAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta