Descobre por que e como arde o monte en Galicia

Un proxecto indaga nas causas das propagacións dos lumes forestais cun interesante video didáctico.

Por Galicia Confidencial | Cotobade | 19/10/2018 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Ivan Pérez é veciño de Lourizán, en Pontevedra. É técnico superior en xestións e organización de espazos naturais e paisaxísticos e graduado en ciencias ambientales. Ten tamén un master en profesorado e, por iso, lanzouse cun grupo de amigos a realizar este vídeo que pretende combinar a educación coa xestión natural.

Petróglifos queimados no Monte Mauxo, entre Vigo e Nigrán
Petróglifos queimados no Monte Mauxo, entre Vigo e Nigrán | Fonte: Ángel de Prado

Este proxecto ambiental foi gravado en Cuspredriños, en Cotobade, unha zona arrasada polos lumes e, desde este espazo queimado, Iván tenta explicar dun xeito moi didáctico porque arde o monte, porque se progpaga e porque se xeran incendios de grandes magnitudes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta