Temas: FRASEOLOXíA

“Chamarlle # Dicirlle... de cantas hai”, equivalente a “chamarlle # dicirlle... de todo”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 04/11/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A partir de hoxe, e durante uns cantos artigos, imos dar unha pequena guinada no rumbo desta sección, no sentido de que tanto na presente coma nas vindeiras semanas imos centrar a nosa atención en expresións propiamente de noso que por mor de compartiren contextos de uso con outras tamén galegas que cadran tal cal coas de castelán, ou ben están a perder peso específico na súa porcentaxe de uso ou, nos casos máis extremos, mesmo están a desaparecer entre as novas xeracións.

Falar en público
Falar en público

Imos principiar con “de cantas hai”, que nos contextos que a seguir reflectimos comparte espazos de uso con “de todo”.

1. Llamar # Decir de todo a alguien

{= Aldraxar ou inxuriar a alguén de palabra, nomeadamente proferindo insultos ou expresións despectivas e desacreditativas.}

Chamarlle # Dicirlle de cantas hai && Chamarlle # Dicirlle cantas hai

Tratalo de cantas hai

Chamarlle # Dicirlle de todas && Chamarlle # Dicirlle (de) todas cantas hai

Chamarlle # Dicirlle de canto hai && Chamarlle # Dicirlle canto hai

Chamarlle # Dicirlle de todo && Chamarlle # Dicirlle (de) todo canto hai

Ex.: Pero si el tío es un sinvergüenza y un impresentable: ¿te puedes creer que allí, en público, le llamó de todo a su mujer porque derramó el café en la mesa?

Pero se o fulano é un xarelo e un impresentable: ¿podes crer que alí, en público, lle chamou (de) cantas hai á súa muller tratou de cantas hai a súa muller lle chamou de todas (cantas hai) á súa muller lle chamou de canto hai á súa muller lle chamou de todo (canto hai) á súa muller por verter o café na mesa?

● Tamén:

Chamarlle # Dicirlle as mil e unha && Chamarlle # Dicirlle (as) catrocentas && Chamarlle # Dicirlle as de san Quintín && Chamarlle # Dicirlle todas

2. Hacer de todo a alguien

{= Facerlle moitas gatadas, malas xogadas ou accións que van contra dela, ou que a pretenden prexudicar ou denigrar.}

Facerlle de cantas hai && Facerlle cantas hai

Facerlle de todas && Facerlle (de) todas cantas hai

Facerlle de canto hai && Facerlle canto hai

Facerlle de todo && Facerlle (de) todo canto hai

Ex.: Para que se marchase por propia voluntad, el encargado le hizo de todo, pero él aguantó como un jabato, se metió en un sindicato y finalmente logró las mejoras sociales y laborales que buscaba.

Para que marchase de propia vontade, o encargado fíxolle (de) cantas hai fíxolle de todas (cantas hai) fíxolle (de) canto hai fíxolle de todo (canto hai), pero el aguantou coma un león, meteuse nun sindicato e ó cabo logrou as melloras sociais e laborais que andaba a procurar.

NOTAS:

1. As locucións de canto hai e de todo canto hai (que mesmo en certos contextos poden prescindir da preposición de) son sinónimas da locución preposicional de todo en moitos casos en que esta funciona como modificador de verbos que denotan algún tipo de acción. Exs.:

−¿Qué labores hace en casa? –Hace de todo, desde poner la lavadora a limpiar los baños.

−Que labores fai na casa? –Fai de canto hai de todo canto hai de todo, desde pór a lavadora a limpar os baños.

−¿Qué temas se tratan en este programa? –Aquí se trata de todo, no tenemos temas tabú.

−Que temas se tratan neste programa? –Aquí trátase de canto hai de todo canto hai de todo, non temos temas tabú.

−¿Acerca de qué escribe? –Escribe acerca de todo, en función de lo que demande la actualidad.

−Acerca de que escribe? –Escribe acerca de canto hai acerca de todo canto hai acerca de todo, en función do que demande a actualidade.

−¿Y como bien? –Sí, come de todo. En ese sentido no hay problema.

−E come ben? –Si, como de canto hai de todo canto hai de todo. Nese sentido non hai fallo.

Así mesmo, precedidas do verbo facer, tamén as temos rexistrado de xeito normal para dar conta do significado que poderiamos definir como “facerlle a alguén, contando co seu beneplácito, moita variedade de xogos ou accións de carácter sexual”. Ex.:

Con este novio, no, que es más timorato, pero con el otro hacíamos de todo.

Con este mozo, non, que che é máis timorato, pero co outro faciamos (de) canto hai faciamos de todo canto hai faciamos de todo.

2. Polo que atinxe ó primeiro encabezamento, cómpre ter en conta que as súas expresións poden compartir espazos de uso coas expresións galegas que se virían a corresponder co castelán poner a alguien como chupa de dómine, e que veremos noutra ocasión: poñer a pan pedir # a feder # podre # a pingar # a parir # a caldo # a caer dun burro # etc.

3. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- García Represas, Delio: Estudio na fala de Xinzo, Ponteareas. Contribución á lingüística descriptiva do galego. Tese de licenciatura, 1996. Universidade de Santiago de Compostela.

- Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “120 locucións verbais galegas”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 12, 2010, páxs. 373-386. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Noriega Varela, Antonio: Como falan os brañegos. Ed. Nós, 1928, A Coruña.

- Requeixo Cuba, Armando: “Sobre fraseoloxía galega: algunhas mostras da área mindoniense”. Cadernos de Lingua, 9, 1994, páxs. 89-110. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 O Lois

Polo que atinxe á Nota 2, engadiría #poñer fino (a alguén).