O comité da Coruña, "canso dos rumores" sobre a compra de Alcoa

"E o Goberno e buscar solucións", insistiu o presidente do comité de empresa da Coruña, quen reclamou que cando se fale de posibles compradores sexa "con luz e taquígrafo".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/11/2018 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

O presidente do comité de empresa da planta de Alcoa na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, instou a falar "con papeis" sobre posibles compradores para a fábrica e admitiu que os traballadores están cansados de "rumores" publicados nos medios de comunicación.

Planta de Alcoa na Coruña.
Planta de Alcoa na Coruña.

En declaracións aos xornalistas, coincidindo cunha nova concentración ante a fábrica e antes de celebrar unha asemblea de traballadores para acordar novas mobilizacións, dixo que o Ministerio de Traballo, ante a denuncia presentada polos sindicatos, debe "pronunciarse". "E o Goberno e buscar solucións", insistiu o presidente do comité de empresa da Coruña, quen reclamou que cando se fale de posibles compradores sexa "con luz e taquígrafo".

"Todos os rumores que saen na prensa non favorecen para nada", insistiu a este respecto. Ademais, volveu a reclamar que o primeiro debe ser a retirada do expediente de regulación de emprego para logo "dialogar" na procura dunha solución.

UNIDADE

Por outra banda, pediu de novo "unidade" ás administracións de cara á próxima reunión entre os presidentes autonómicos de Asturias e Galicia e o Ministerio de Industria.

Así mesmo, avanzou que se lles comunicou unha citación para a próxima semana após a demanda presentada na xustiza holandesa polo comité europeo do grupo por vulneración da normativa europea no ERE presentado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta