Así contamina Coren o Val da Limia

A eurodeputada Lidia Senra e o parlamentario Davide Rodríguez foron testemuñas directas de coma un camión desta empresa cárnica foi sorprendido descargando excrementos de polo nun descampado desta comarca de Ourense. Esta é a crónica desa visita que o Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) realizou polos puntos críticos dos verquidos ilegais das industrias de producción intensiva de carne que Coren ten espalladas por toda a Limia.

Por Galicia Confidencial | Verín | 04/11/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A eurodiputada Lidia senra, o deputado David Rodriguez, o científico e presidente da Asociación Galega de Historia Natural, Serafín González, entre outros ambientalistas, foron testemuñas directas de coma un camión da empresa Coren realizaba un verquido de purin nun descampado da Limia. Unha situación que podería ser cómica pero que tivo lugar, curiosamente, mentres un nutrido grupo de persoas era guiado por representantes do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) aos puntos críticos destes verquidos ilegais na provincia.

Este grupo ecoloxista convocou un venres unha xornada sobre a contaminación na Limia. E previamente ás conferencias tivo lugar un percorrido de dúas horas polos lugares onde teñen lugar, habitualmente, verquidos de xurro de granxas de porcos e lodos, acumulacións ilegais de escrementos de polos ou plantas de xurros abandonadas de Coren. E foi, curiosamente, cando durante esta aindaina, o nutrido grupo de participantes sorprendeu a un camión de Coren realizando, precisamente, un novo verquido de purin.

Os ecoloxistas querían denunciar que a produción agrogandeira intensiva xera na Limia residuos contaminantes sen depurar equivalentes ao asentamento nesta comarca ourensá de 1,5 millóns de habitantes. Uns residuos que foron vertidos directamente á contorna sen depurar tal e como puideron comprobar en vivo e en directo.

E gran parte da responsabilidade é, din, de Coren que "non é quen de resolver o grave problema dos perigosos residuos que xera". Esta empresa cárnica suministra ó granxeiro a tecnoloxía máis moderna para instalar a súa industria; instalacións con sistemas automáticos de alimentación, medicamentos, suplementos de engorde, piensos transxénicos e mesmo modernos matadeiros onde dar saída a toda esa produción. Sen embargo deixa nas súas mans a enorme responsabilidade de eliminar os residuos que produce a granxa.

E os problemas de contaminación do chan por residuos comezan a ser un problema. Así o denuncia MEL que indica que a superficie agrícola da Limia xa non é capaz de absorber a inxente cantidade de residuos producidos polas numerosas granxas de porcos e polos (máis dunha instalación por km cuadrado). "Os residuos producidos equivaldrían os dunha cidade de 2 millóns de habitantes que verteran ao medio as augas residuais sen ningún tipo de depuración", indica o movemento ecoloxista.

E COMO SE PRODUCEN OS VERTIDOS?

Segundo o Movemento Ecoloxisto da Limia son enormes camións e tractores cisterna os que reparten purins "de forma abusiva e en moitos casos clandestinamente" por todo os recunchos da chaira. Tanto e así, denuncia, que incluso chegan a verter sobre espazos protexidos  e montes comunais, contaminado acuíferos, fontes e cursos fluviais. "Mesmo granxeiros de Coren con produción avícola están moi preocupados pola calidade da agua que extraen dos pozos de suministro que en moitos casos xa pode estar contaminada con bacterias de tipo E.Coli", salienta a entidade en declaracións ao GC.

Unha crúa realidade que comprobaron Lidia Senra, Serafín González e Davide Rodríguez na súa visita á zona. Unha situación da que culparon directamente á Xunta e en concreto á Consellería de Medio Rural e Medio Ambiente, por permitir unha implantación que superar as UGM (unidade gandeira maior) por hectárea que recomenda a UE e que suma xa as 400 granxas.

Por iso, tras a súa visita, tanto a europarlamentaria Lida Senra como o deputado autonómico Davide Rodríguez anunciaron que presentarán iniciativas consensuadas en ambas as cámaras. O obxectivo "é esixir que se cumpran as directivas" comunitarias e evitar a saturación de xurros na comarca ourensá da Limia procedentes da gandaría industrial coa finalidade de reducir o impacto ambiental", sinalou Lida Senra, quen engadiu que non só a Xunta senón o Consello Europeo "non poden mirar para outro lado".

MEDIDAS

Entre as medidas a pór en marcha, o Movemento Ecoloxista Mel da Limia e AGE reclaman que se apliquen moratorias á instalación de novas granxas de produción intensiva e a publicación dun decreto de tratamento de residuos agrícolas que obrigue aos gandeiros a cumprir o código de boas prácticas.

Tamén queren que se exclúa das axudas da PAC ás explotacións de produción intensiva sen terras. Os estudos "pon de manifesto o grao de contaminación do chan e dos acuíferos pola intensificación do gando", abundou Davide Rodríguez, quen advertiu do "elevado grao de xofre" existente nestes chans. Para evitalo, AGE pedirá informes para coñecer a actividade agro-gandeira e reducir a contaminación.

Camión de Coren descargando purin de granxas de polos nunha leira do Val da Limia
Camión de Coren descargando purin de granxas de polos nunha leira do Val da Limia | Fonte: MEL

Restos de lodos en varias fincas do Val do Limia
Restos de lodos en varias fincas do Val do Limia | Fonte: MEL
Purin vertido por Coren na comarca do Val do Limia
Purin vertido por Coren na comarca do Val do Limia | Fonte: MEL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Ana

Onde pon Coren no camión?eu non o vexo... Purin de polo nunha cisterna? Con que criterio se descalifica a unha empresa sen probas?

3 eusi

Polo de pronto boicote aos produtos deses contaminadores

2 Xavier Perdiz

Val do Limia, non Val da Limia, que son dúas cousas distintas. O que contamina COREN é o val do río Limia, dede A LIMIA ata o mar, non sómente A LIMIA.

1 GalegON

POLO río abaixo vai... unha mer-da de pé. Quen a poidera COREN...