Investigan por asasinato a unha muller que agrediu ao seu home e alegou ser vítima de violencia de xénero

A muller alegara defensa propia dun ataque do seu home, parcialmente invidente e en cadeira de rodas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2018 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A muller que apuñalou ao seu marido, parcialmente invidente e en cadeira de rodas, en Monforte de Lemos (Lugo) está a ser investigada por un presunto delito de asasinato en grao de tentativa, segundo informan a Europa Press fontes xudiciais.

Cadeira de rodas
Cadeira de rodas

A presunta autora deste ilícito, que alegou no momento da detención que o seu esposo a tentou agredir e ela defendeuse, pasou a disposición do Xulgado de Instrución Número 2 de Monforte, onde se acolleu ao seu dereito a non declarar e foille comunicada prisión provisional sen fianza.

Tal e como indica a Policía Nacional, o suceso, que tivo lugar nunha vivenda da zona coñecida como Casas Baratas, resultou co traslado e hospitalización do home, que sufriu feridas superficiais e se atopa estable.

Fontes próximas á investigación indicaron a Europa Press que a detida sofre "brotes psicóticos" que a manteñen en tratamento, aínda que non constan antecedentes por episodios violentos na parella. Así, a Policía Nacional aínda manteñen abertas as dilixencias para esclarecer o sucedido, descartando que se trate dunha agresión machista, tal e como alegaba a muller.

O home foi atendido polos servizos médicos do 061-Urxencias Sanitarias no lugar do suceso, tras o cal foi trasladado ao centro hospitalario de Monforte nunha ambulancia asistencial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta