A venda dunha aldea galega na web da oscarizada actriz Gwyneth Paltrow, un fenómeno mediático grazas a GC

Todos os medios galegos, xornais estatais como El Confidencial, ABC, El Economista ou Cope, e internacionais como The Guardian e Huffington Post recollen a nova publicada por Galicia Confidencial.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/11/2018 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

Adiantouno Galicia Confidencial: a actriz Gwyneth Paltrow recomenda no seu sitio web comprar por 149.550 euros unha aldea galega, a de Muiñovedro, no concello de Riotorto (Lugo). E logo chegaron os demais medios, galegos, españois e internacionais. Pero ningún nos mencionou. A falta de ética xornalística e de recoñecemento ao traballo dos demais é un mal normalizado nos medios. La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Progreso de Lugo, El Correo Gallego, TVG, ABC, El Confidencial, El Economista, Cope, Huffington Post, The Guardian...

A actriz Gwyneth Paltrow, nunha imaxe tomada por Jorge Figueroa, e aldea de Lugo á venda recomendada na súa páxina web Goop.
A actriz Gwyneth Paltrow, nunha imaxe tomada por Jorge Figueroa, e aldea de Lugo á venda recomendada na súa páxina web Goop.

GC publicaba este pasado luns que Goop, o sitio web de comercio electrónico e marca de estilo de vida creada pola actriz estadounidense Gwyneth Paltrow –protagonista de filmes como 'Shakespeare in Love' (pola que gañou un Oscar), 'Proof', 'Seven' ou a saga de 'Iron Man', entre outras moitas–, anunciaba a venda dunha aldea galega no concello de Riotorto.

Inmediatamente, a noticia saltou a outros medios, tras publicala Galicia Confidencial. Xornais, radios e televisións de toda Galicia, España e internacionais facíanse eco da nova, pero sen identificar a fonte orixinal da que tomaron a información, GC.

"Gwyneth Paltrow lists a Spanish village for Christmas – but what do the villagers think?", titulou o británico The Guardian, un dos xornais máis reputados en Reino Unido e no mundo. .

Pero foron moitos máis os titulares derivados da nosa información: "La aldea de Riotorto que Gwyneth Paltrow recomienda como regalo de Navidad" (La Voz de Galicia), "Gwyneth Paltrow recomienda regalar esta aldea de Lugo (150.000€) por Navidad" (El Confidencial), "Gwyneth Paltrow recomienda comprarse por Navidad una aldea abandonada en Lugo" (ABC), "Gwyneth Paltrow incluye la aldea de Riotorto, en Lugo, en su lista de regalos de Navidad" (Huffington Post), "El regalo 'ridículo pero increíble' de Gwyneth Paltrow por navidad: una aldea gallega" (Faro de Vigo), "Gwyneth Paltrow recomenda regalar unha aldea de Lugo polo Nadal, "Gwyneth Paltrow 'vende' una aldea gallega" (El Correo Gallego), "Muiñovedro, la aldea que recomienda como regalo de Navidad Gwyneth Paltrow" (Cope), "Así es el pueblo gallego en venta que recomienda Gwyneth Paltrow" (El Economista), etc.

Como informou en primicia GC, nunha reportaxe que afonda na venda de parte importante do patrimonio galego, o curioso do asunto non é só que a marca de Paltrow recomende a compra desta aldea galega, tamén o é que a inclúa na súa sección Ridiculous but Awesome Gift Guide (Guía de agasallos ridículos, pero incribles), canda outros produtos extravagantes, como unha "lámpada banana" de 340 dólares, unha viaxe en globo sobre o Everest por 5.950 dólares, unha táboa de surf da marca de luxo Hermès por 7.700 dólares ou papel para lear tabaco feito con ouro de 24 quilates por 55 dólares.

Este é un bo exemplo de que desde Galicia, en galego e de xeito independente podemos influír na axenda dos máis importantes medios e do amplo seguemento que ten Galicia Confidencial no sector xornalístico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Uns copions todos. Así calquera. Pero permítasenos insistir en que a " aldea" son tres casas medio en ruinas nunha finca de 13.000 m2. Non é que se venda precisamente unha parroquia.