Adif empregou unha hora para a autorización da liña onde accidentou o Alvia

A portavoz de En Marea, Alexandra Fernández, fixo referencia a dous correos electrónicos que proban esta circunstancia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2018 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento empregou unha hora en 2011 en recibir a documentación definitiva da liña Ourense-Santiago --na que se produciu o accidente do tren Alvia no barrio compostelán de Angrois--, en revisala e en autorizar a súa posta en marcha.

O ex-xefe da área coordinadora de seguridade de Fomento, Eduardo Santiago. CAPTURA
O ex-xefe da área coordinadora de seguridade de Fomento, Eduardo Santiago. CAPTURA

Así o desvelou a portavoz de En Marea na comisión do Congreso que investiga o sinistro de 2013, Alexandra Fernández, en referencia a dous correos electrónicos que proban que a luz verde definitiva á posta en servizo da liña chegou nunha hora.

E fíxoo ante o ex xefe da área coordinadora de Seguridade Ferroviaria, Eduardo Santiago, que estaba a comparecer ante a comisión e defendía que foran 48 horas, coincidindo co testemuño que ofreceu no seu día o entón coordinador do Transporte Ferroviario na Dirección Xeral de Ferrocarrís José Luís González.

Os documentos  reflicten que a hora de entrada da solicitude de posta en servizo da liña foi as 12,09 horas do 9 de decembro de 2011, e a resposta coa autorización para a mesma produciuse ás 13,26 horas do mesmo día.

No primeiro dos correos indícase que a documentación fora enviada á Dirección de Infraestruturas previamente entre os días 30 de novembro e 1 de decembro, pero Santiago alegou que antes de que se enviase a información necesaria para a posta en servizo, esta xa se revisou "punto por punto durante un tempo amplo".

Respecto diso, o comparecente recoñeceu que non se "acorda" de como se fixo esa revisión previa, pero aseverou que sabe que estiveron a traballar nela. "Non teño información concreta dos meus traballos de hai 12 anos", defendeu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta