Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/11/2018 | Actualizada ás 13:03
Moita xente teme o momento de facer reformas na súa vivenda e o consecuente desembolso de diñeiro que iso supón. Facer fronte a eses custos para poder liquidar aqueles pequenos danos que poidan existir non sempre é doado, mais ás veces é necesario facelo para evitar problemas no futuro.
Para comezar a aforrar diñeiro, é aconsellable contar cunha empresa especializada que nos asesore. Neste sentido, Quotatis traballa para poñer en contacto a clientes e compañías . Aínda así, o que se debe ter claro dende o principio é o tipo de reforma que se vai realizar. O máis recomendable é investir un pouco de tempo paseando pola propia vivenda e ir anotando nun papel todo aquilo que se queira cambiar e/ou mellorar.
Unha vez chegue o momento de que o profesional teña que revisar o fogar para saber exactamente que é o que ten que facer, un non debera esquecerse de preguntarlle polo orzamento. Este debe axustarse o máximo posible ao resultado final. O primeiro obxectivo será atopar o que máis se adapte ás necesidades de cadaquén, á parte de aquilo que presente unha mellor relación calidade-prezo.
EXISTEN AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA REALIZAR REFORMAS?
Si, pódense pedir axudas e subvencións que faciliten a rehabilitación da vivenda, aínda que estas poden variar dependendo da comunidade autónoma.
É importante ter en conta que, para poder solicitalas, esíxense algúns requisitos. Entre eles, o feito de que o 25% da obra estea indicada para o sector de enerxías renovables ou ter uns ingresos mensuais mínimos. De todas formas, o mellor é informarse no Concello da correspondente localidade para saber como comezar a aforrar diñeiro.
A MAIOR PARTE DO AFORRO PROVÉN DA ENERXÍA
Á hora de realizar a reforma, paga a pena preguntarse que tipo de enerxía se vai utilizar. É certo que iso non supoñerá ningún tipo de aforro directo, pero de seguro que nun futuro se agradecerá e se notará unha diminución da cantidade a pagar na factura de luz.
Para iso, unha opción é pedirlle aos profesionais que utilicen bos illamentos. Dese xeito, non se perderá unha gran cantidade de calor nos meses máis fríos e estarase máis fresquiño no verán. Asemade, estarase garantindo o que o propio ruído ou humidade non danen estes sistemas, algo que provocaría o aumento considerable do consumo enerxético.
Aínda que fortalecer eses sistemas supoña gastar unha pequena cantidade de diñeiro a maiores, é recomendable facelo. Aos poucos irase agradecendo. É preferible investir un pouco máis e que unha instalación perdure durante dez anos, a utilizar materiais de menor calidade e ter que facerse cargo dunha reforma semellante cada dous anos.
Por outra banda, no caso de que se queiran ampliar estancias, cómpre estudar sempre a iluminación que se obterá. Na medida do posible, estaría ben tentar que a nova instalación eléctrica estea deseñada por sectores, sempre tendo en conta as dimensións das habitacións, onde estarán situadas as portas e xanelas, ademais do uso que se lle dará.
Con estes sinxelos pasos conseguirase aforrar moito diñeiro nas facturas, á vez que se evitarán reformas demasiado asiduas no fogar. Iso, ao cabo, tradúcese en moito máis aforro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.