Os veciños colapsan a peaxe de Rande pagando con moedas dun céntimo de euro

Os condutores esixen que se cumpra a promesa de que se eliminará o pagamento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2018 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia

A peaxe de Rande da AP-9 rexistrou longas retencións desde as 18,30 horas deste sábado debido á protesta convocada por asociacións veciñais de Teis e Chapela (Vigo), que acudiron nos seus vehículos para colapsar o tramo pagando a taxa (0,90 euros) con moedas de céntimo.

Peaxe de Rande colapsada
Peaxe de Rande colapsada | Fonte: Iván Leis (@Leisoes) en Twitter.

Así, case dúas horas despois de que se iniciase a acción, a peaxe de Redondela en sentido A Coruña rexistraba colas de medio quilómetro.

Decenas de coches convocados polas asociacións veciñais concentráronse ás 18,00 horas no pavillón de Chapela, desde onde partiron cara á peaxe de Rande coa intención de desembolsar os 0,90 euros que custa a taxa en moedas de céntimo.

A acción, coa que os veciños reclaman que se cumpra o compromiso de eliminar a peaxe de Rande-Redondela, provocou longas retencións no punto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta