Os aeroportos galegos gañan máis de 200.000 pasaxeiros no que vai de ano

Alcanzáronse os 4.706.897 de usuarios nos primeiros once meses deste 2018. A terminal da Coruña foi onde se rexistrou unha variación máis positiva.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2018 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

Os tres aeroportos galegos gañaron máis de 200.000 pasaxeiros até decembro e alcanzaron os 4.706.897 de usuarios nos primeiros 11 meses do ano, o que supón un resultado positivo a falta de contabilizar os datos deste decembro. 

Avión de Aer Lingus. AER LINGUS
Avión de Aer Lingus. AER LINGUS | Fonte: Europa Press

Así o reflicten as estatísticas feitas públicas este mércores por Aena, segundo as cales pasaron polo tres aeroportos galegos até decembro 212.778 pasaxeiros máis que no mesmo período do ano anterior, o que supón un incremento do 4,73%.

Por terminais, o aeroporto de Santiago rexistrou neste período un incremento do 3,3% dos seus pasaxeiros, até os 2.524.346; mentres que A Coruña aumentou un 7,4%, até 1.134.540; e Vigo incrementou un 5,5%, até 1.048.011 usuarios.

En canto á cifra de voos, Lavacolla operou até decembro 20.249 un 1,6% máis. Pola súa banda, na Coruña as operacións creceron un 8,5%, até 16.341 e en Vigo quedaron en 11.709, un 0,8% máis.

DATOS DE NOVEMBRO

En canto ao mes de novembro, a cifra de usuarios no tres aeroportos galegos creceu un 4,67%, ata chegar aos 375.946; é dicir, case 17.000 pasaxeiros máis que hai un ano no mesmo mes.

No caso de Lavacolla, o crecemento de pasaxeiros neste mes foi do 2,6% e alcanzáronse os 187.961 usuarios. En Alvedro, pola súa banda, chegouse aos 103.790 pasaxeiros en novembro, un 7,4% máis que hai un ano; e en Peinador o incremento foi do 6%, até 85.195 usuarios.

Por operacións, Santiago rexistrou 1.482 voos este mes, o que supón un descenso interanual do 3%. Tamén obtivo datos negativos Vigo, cun descenso do 4,4%, até 907 voos. En contraposición, A Coruña creceu neste índice un 10,5%, operando 1.384 voos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta