Feijóo a un cámara que lle preguntou pola censura nos medios públicos: "Eu só lle contesto a xornalistas"

O reporteiro gráfico de TVE preguntoulle a súa opinión sobre a protesta dos "venres negros" que levan a cabo os profesionais dos medios públicos en contra da manipulación informativa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/12/2018 | Actualizada ás 23:00

Comparte esta noticia

Unha vez máis Alberto Núñez Feijóo volveu ter un altercado, e xa é o segundo serio en menos dun ano, cos traballadores da información. Desta volta foi a un cámara da TVE que logo da rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta lle preguntou pola censura e manipulación nos medios públicos.

Chapa co lema 'eu non manipulo' contra as manipulacións dos medios públicos
Chapa co lema 'eu non manipulo' contra as manipulacións dos medios públicos

"Presidente, mañá -por este venres-- está convocado un novo venres negro nos medios públicos, o número trinta xa. Vai tomar algunha medida ao respecto ou ten algún comentario?", preguntoulle o reporteiro gráfico. "Eu contestáballe con moito interese pero a miña obriga é contestarlle aos xornalistas", zanxou o presidente que inmediatamente baixou do atril e dirixiuse a outro grupo de comunicadores.

Non é a primeira vez que Feijóo ten encontronazos con algúns profesionais dos medios. En marzo pasado contestoulle a dous xornalistas "Cando teñan vostedes un programa en La Sexta igual lles contesto", tras a súa aparición no programa de Jordi Évole.

Tras este novo desafío aos profesionais dos medios, o Colexio de Xornalistas publicou un tuit no que lle lembra ao presidente galego que presentan a máis de mil profesionais e que se lle merece algún comentario "o venres 30 da TVG".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Sivio

Niso ten razón Feijóo. Un cámara non aé un xornalista

1 lóstrego

Non sabe falar galego. Dí "interés" e "periodistas", no canto de interese e xornalistas. Calquera analfabeto inscrito nun partido político chega a presidente da colonia galega.

1 anonimo

En galego tanto se di xornalista como periodista. Ámbolos dous términos son válidos.