Activo un incendio forestal no concello da Mezquita

O lume afecta a 20 hectáreas e comezou con varios focos simultáneos.

Por Galicia Confidencial | OURENSE | 03/01/2019 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal activo no concello ourensán da Mezquita, parroquia de Castromil, que segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas.

Incendios forestais
Incendios forestais

O incendio comezou ás 14,33 h. con varios focos simultáneos e nel traballan 4 axentes, 3 brigadas, 2 avións e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta