Os aeroportos galegos superaron os cinco millóns de usuarios no 2018

As tres terminais medraron un 4,7% en cifras de pasaxeiros, con 227.856 máis ca o ano anterior. A maior subida rexistrouse en Alvedro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2019 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

Os tres aeroportos galegos creceron un 4,7% na súa cifra de usuarios ao longo do ano 2018, período durante o cal as tres terminais superaron os cinco millóns de pasaxeiros.

Aeroporto De Santiago de Compostela. AEROPORTO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - Arquivo
Aeroporto De Santiago de Compostela. AEROPORTO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Así o evidencian os datos feitos públicos este luns por Aena, segundo os cales 5.080.202 pasaxeiros fixeron uso dos aeroportos galegos no 2018, o que supón 227.856 máis que o ano anterior. Estariamos falando, entón, dun incremento do 4,7%.

En concreto, polo aeroporto de Lavacolla pasaron 2.724.750 usuarios, un 3% máis que o ano anterior; mentres que A Coruña creceu un 7,4%, ata os 1.225.763 pasaxeiros; e Vigo alcanzou 1.129.689, un 6% máis.

En canto ao número de operacións, as tres terminais galegas rexistraron case 52.000, un 3,69% máis que hai un ano. Por aeroporto, Santiago operou 21.839 voos (un 1,5% máis); A Coruña, 17.558 (9,2% máis); e Vigo, 12.526 (0,4% máis).

SANTIAGO CAE EN DECEMBRO

Con respecto aos datos do último mes do ano, o aeroporto de Santiago experimentou un descenso na súa cifra de pasaxeiros con respecto á dun ano antes. A caída foi do 0,3% e a cifra final de usuarios alcanzou os 200.404.

Pola súa banda, na Coruña movéronse 91.223 pasaxeiros, un 6,8% por encima das cifras de decembro de 2017; e en Vigo incrementáronse un 13,8%, ata os 81.678.

En canto aos voos, en Lavacolla operáronse 1.590, un 0,4% menos que hai un ano, e en Peinador 817, unha caída do 5,9%. Pola contra, Alvedro creceu un 19,7% neste índice, ata os 1.217 voos operados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta