A Xunta, tras a morte de dous pacientes: "Atendémolos en función de se se trata dunha urxencia vital, non vital ou leve”

Feijóo sobre a súa saúde: “Non teño mala saúde e polo tanto non son usuario permanente dos hospitais”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/01/2019 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta tentou rebaixar a tensión tras as acusacións dunha doutora de que dous pacientes que ingresaron a comezos de ano nos corredores de Urxencias do Hospital Clínico de Santiago (CHUS) faleceron por falta de medios. Así, se nos últimos días aseguraban que iso era mentira, este xoves asegurou que todos os que entran en Urxencias son atendidos segundo un “protocolo” e en función da súa gravidade.

Pacientes ciscados nos corredores de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago
Pacientes ciscados nos corredores de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago | Fonte: CHUS.

Así,  destacou que sería “inxustificable” que non haxa un diagnóstico de pacientes cando entran en Urxencias, en función da súa gravidade.  “O que pode ocurrir é que en momentos puntuais, con moita entrada de pacientes, se prioricen aqueles que o precisan. E se facemos iso, facemos boa sanidade. Nós temos que atendelos a todos e saber distinguir entre entre unha urxencia vital, non vital e leve”, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Por outra banda, o presidente galego insistiu en que a Consellería de Sanidade está “incrementando” a dotación de persoal en todos os centros ante as numerosas queixas, protestas e folgas do persoal sanitario que denuncia falta de medios e de xestión na sanidade pública galega.

Feijóo tamén se referiu á súa experiencia como usuario do Sergas, que é mínima, segundo recoñeceu. “De momento non teño mala saúde e, polo tanto, non son un usuario permanente, 

Desde logo non teño ningún seguro privado e confío plenamente no sector público”, respostou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moinante

A seguir votando PP. Di um amigo meu, que devemos ter quando seguimos votando a estes incapazes e corruptos.