Medio Rural duplica o diñeiro en propaganda contra os lumes, mentres crecen os problemas cos bombeiros forestais

Destinará case tres millóns de euros para repartir entre os grandes medios de comunicación. Será a través de catro campañas publicitarias nas que, ademais de concienciar sobre os lumes, promocionará en medios galegos o leite, produtos galegos e os programas do Feader.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/01/2019 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

A Xunta non para de licitar concursos para facer propaganda da súa xestión, xusto cando chegan momentos políticos convulsos e difíciles para o PP.  Deste xeito, aos concursos de Turismo de Galicia por case seis millóns de euros, e aos case dous millóns repartidos a dedo pola Secretaría Xeral de Medios en 2018, súmanse agora varias campañas da Consellería do Medio Rural por valor de 2.950.000 euros.

Núñez Feijóo na presentación en 2010 da marca Galega 100%. Autor: Xoán Crespo Feijóo na presentación da marca de leite Galega 100 por 100 en 2010
Núñez Feijóo na presentación en 2010 da marca Galega 100%. Autor: Xoán Crespo Feijóo na presentación da marca de leite Galega 100 por 100 en 2010

Nestas novas liñas de axuda da Xunta aos grandes medios de comunicación para facer propaganda destaca o case 1,1 millóns de euros nunha campaña de publicidade, durante os anos 2019 e 2020, para a promoción da prevención, concienciación e sensibilización social contra os incendios forestais

O reparto destes cartos prodúcese nun momento de tensión entre a Xunta e os bombeiros forestais. De feito, e tras o novo sistema de listas do Seaga, os traballadores temen quedar "na rúa" e xa realizaron numerosas mobilizacións para defender un sector no que traballan 500 persoas.

Ademais, este diñeiro supón máis do dobre do que o Medio Rural destinou en 2017 para esta mesma campaña. Entón foron 450.000 euros en publicidade nos medios de comunicación para previr sobre os lumes. Agora son 1.074.380,16 euros.

OUTRAS CAMPAÑAS

Estes non será o único diñeiro que gaste Medio Rural en campañas de propagada. Cando menos, destinará case outros dous millóns a outras tres campañas para promocionar os produtos galegos, o leite galego e para vender as políticas agrarias e gandeiras conseguidas con fondos europeos. 

anuncio, publicidade, incendios, medio rural, propaganda
anuncio, publicidade, incendios, medio rural, propaganda

Para a primeira, servizo e desenvolvemento dunha campaña de publicidade para a promoción dos produtos galegos con denominación de calidade nos anos 2019 e 2020, este departamento gastará un millón de euros. 

No que ten que ver co servizo de desenvolvemento dunha campaña de publicidade, durante os anos 2019 e 2020, para a promoción do leite galego, nomeadamente o da marca Galega 100%, serán 440.000,00. 

Finalmente, Medio Rural gastará 503.360 euros no servizo de desenvolvemento de campañas de publicidade do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, durante os anos 2019 e 2020, cofinanciado con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

As campañas publicitarias teñen por obxecto mellorar a visibilidade e difusión das actuacións da UE, garantir transparencia, informar sobre as posibiidades que ofrece o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e informar e sensibilizar á sociedade en xeral sobre os beneficios da actividade agraria e o medio rural de Galicia (como produtor de alimentos, como protector do medio ambiente e como conservador da paisaxe).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 uu1

Já o dizia Henry Ford “Se tivera um solo dólar o inverteria em publicidade”. Vendedores de fume, isso é o que são. E de passo mercam aos médios de comunicação para fazer mais publicidade. Que peninha!!