ERE extintivo para 39 traballadores da empresa téxtil galega Pili Carrera

O comité de empresa asina o expediente de Regulación de Emprgo ERE logo dun mes de negociacións.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 23/01/2019 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

O comité de empresa da téxtil Pili Carreira asinou este mércores un ERE extintivo para 39 traballadores de xeito unánime logo dun mes de negociacións coa compañía con sede en Mos (Pontevedra).

FOTO: PILI CARREIRA BILBAO
FOTO: PILI CARREIRA BILBAO

O comité, con representación de CIG, UXT e CC.OO., ratificou este ERE extintivo para 39 traballadores fronte aos 45 que propuña inicialmente a empresa.

Segundo informaron, 26 destes traballadores incorporáronse de xeito voluntario o ERE, mentres que 13 foron forzosamente incluídos neste expediente de regulación de emprego.

As extincións produciranse unha vez haxa resolución xudicial e nun prazo máximo de tres meses, conforme trasladou o comité, que indicou que as indemnizacións serán de 20 días por ano traballado cun tope de 12 mensualidades.

Así mesmo, explicaron que se creará unha bolsa de emprego de adscrición voluntaria con dereito a ingreso preferente cando se produza unha vacante na empresa.

Desde o sindicato CC.OO. mostrou un "profundo pesar" pola situación á que chegou esta compañía "de vital importancia" para o tecido produtivo da comarca e do téxtil galego.

CC.OO. lamentou a "medida tan traumática" que deixou "moi pouco marxe de manobra aos traballadores"

"Esperamos que as medidas adoptadas sirvan para dar continuidade á compañía", sostiveron desde o sindicato CC.OO., que apuntou que seguirá "vixiante" para que se cumpra o acordado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta