O PP de Lugo dá por controladas as crises dos candidatos en Monforte e Viveiro

Recoñece que as saídas de Julia Rodríguez de Monforte e Bouza de Viveiro son por diferenzas coa dirección provincial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2019 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PP de Lugo, Carlos Armesto, asegurou este luns que "están perfectamente canalizadas" as saídas de Julia Rodríguez como presidenta dos populares de Monforte de Lemos e de Antonio Bouza, actual portavoz no Concello de Viveiro, que marchan por diferenzas coa dirección provincial.

O número dous dos populares de Lugo sobre o caso de Monforte, lembrou que este luns "ao cinco da tarde presentarase xa de forma oficial ao que vai ser candidato á alcaldía e presidente da xestora, Miguel González Lemos".

"É unha persoa que fixo un traballo interno importante, dentro do que é o partido. É un candidato que vai saír co respaldo do partido, e co respaldo dos expresidentes do PP de Monforte. A partir de agora toca traballar para presentar un alternativa seria e fiable, e que teña un bo resultado en Monforte, que vai ser así", confía.

No caso de Viveiro, onde o portavoz Bouza anunciaba a pasada semana que dimitía dos seus cargos, Carlos Armesto fixo especial fincapé, na rapidez, para "a posta en marcha" dunha xestora, que preside o parlamentario nacional Jaime de Olano, sobre quen recaerá a responsabilidade de "elaborar un candidato e unha lista alternativa".

"Son dúas prazas importantes, que valoramos e por tanto estase facendo un esforzo importante, e eu creo que vai haber dúas persoas á fronte das xestoras que lle van a dar un novo impulso ao partido", augura finalmente o secretario xeral dos populares de Lugo.

Miguel Lemos, novo candidato do PP en Monforte
Miguel Lemos, novo candidato do PP en Monforte | Fonte: PP de Lugo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta