Tamén pecha a edición dixital de Xornal

Os medios en galego ou cunha liña editorial crítica co PPdeG seguen morrendo. Trinta e oito persoas irán a rúa co peche da edición dixital da cabeceira da construtora San José.

Por Walter Burns | A Coruña | 19/09/2011 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

Adiantárono varios traballadores nas redes sociais e confirmouno PR Noticias. Antes de fin de ano pechará Xornal.com, segundo lle comunicou hoxe a dirección da empresa ao Comité que representa os traballadores.

None

O Comité, no que participan CIG e SXG, aínda non confirmou a noticia, que tampouco figura na portada da cabeceira coruñesa. Esta tarde está prevista unha asemblea dos traballadores, que até hoxe non se mobilizaron, na sede da Coruña. Segundo traballadores consultados, a edición dixital pechará o vindeiro 30 de decembro e a empresa fará os despedimentosdos 38 traballadores de xeito gradual.

Solidariedade de GC cos traballadores

A solidariedade do equipo de GC con todos estes compañeiros. Coa súa labor lograron insuflar aire fresco no mundo editorial galego, monopolizado na súa práctica totalidade pola sumisión ao poder político de turno.

A decisión do peche de Xornal.com non é unha sorpresa. O catro de agosto pechou a edición en papel de xeito repentino. A dirección da compañía mantivo en vilo aos asalariados até hoxe, pois non lles facilitou información algunha.

San José aplica o mesmo método de desmantelamento que en ANT

Hoxe os despedimentos foron comunicados por un grupo de abogados de Garrigues, un dos buffets máis caros do Estado, especializado en peches de compañías.

A Construtora San José contratou aos mesmos letrados  para botar aos traballadores do histórico semanario nacionalista A Nosa Terra. Os xornalistas desta cabeceira aínda teñen pendente por cobrar parte dos seus salarios e indemnizacións. A cabeceira viguesa tamén mantén débedas cos seus colaboradores.

O frustado grupo mediático do galeguismo próximo a Quintana

A construtora nacida en Pontevedra apostou forte polos medios de comunicación galegos tras a chegada do bipartito ao poder. San José rescatou a ANT dunha dificilísma situación económica e deulle nova vida. Porén, o proxecto acabou fracasando, a editorial foi disolta e o semanario sobrevive só en internet.

A edición en papel Xornal, tamén propiedade de San José, naceu moi pouco antes das eleccións que encubraron a Feijóo. Isto impediu que Xornal gañase peso na configuración da opinión pública galega a tempo de ser un factor relevante nos comicios. Ademais, o apoio do 'quitanismo' a Xornal alimentou a desconfianza das outras cabeceiras galegas, en especial de La Voz, cara o proxecto político que encabezaba o daquela vicepresidente da Xunta.

A partir de entón Anxo Quintana tivo que soportar continúas embestidas mediáticas, que culminaron coa polémica publicación da foto do político no iate de Jacinto Rey, dono de Xornal. Con Feijóo no poder, Xornal apostou por unha liña editorial crítica coa Xunta.

A culpa da Xunta ou da audiencia galeguista?

A empresa e o director-fundador de Xornal, José Luis Gómez, chegaron a un acordo para que este deixara o meido na pasada primavera, pouco despois das informacións sobre un mitin de Rajoy no Moropa, un barco dunha familia de narcotraficantes de Cambads. Xornal, que naceu como un proxecto moi próximo ao 'quintanismo' do BNG, achegou nos últimos meses a súa liña editorial ao PSdeG.

A recesión económica que afecta aos construtores, os avances electorais do PP, a posible vitoria de Rajoy o 20N e as escasas vendas da edición en papel (800 exemplares segundo PR Noticias aínda que Xornal nunca se someteu ao OJD) son factores que inflúen no peche desta cabeceira.

Xornal non era un medio en galego, pero usaba a lingua propia moito máis que o resto de diarios de pago. Dende que goberna o PPdeG en San Caetano xa morreron a edición en papel de A Nosa Terra, A Peneira, Galicia Hoxe, Vieiros e GZ Nación. Todos eles medios en galego e críticos cos conservadores.

Fronte as críticas da oposición, a Xunta nega calquera responsabilidade na fin destes medios e recorda o escaso apoio que recibiron até hoxe polas súas audiencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 130 comentarios

42 Gamela

O Grupo San José remonta o seu ASCENSO ECONÓMICO a época do Tripartito Galego, unha das primeiras fichaxes que fixo Jacinto foi ao ex-conselleiro de educación daquela época ANICETO NUÑEZ. Grazas ao cal conseguiu a licitación do Hospital de Santiago (unha pasta gansa!). Logo xa todos sabemos que meteu o seu nariz en AENA fichando a Lema que agora xunto a Pepiño Blanco devolverán os favores recibidos vía privatizacións de aeroportos (Alvedro e Peinador e as tendas e servizos de Baraxas) Outro pastón! O de Quintana foi un negocio fallido, ía tras as concesións eólicas, pero son saiu ben o choio!

1 Gamela

Así que meteu a Quintana en Nómina no Brasil (semella que para lograr contratos no Uruguai e Arxentina) e agora pecha un Xornal que durante o último ano estivo a facerlle a puñeta a Feijoo SO PARA LAMBERLLE O CÚ AO PSOE DE PEPE BLANCO! É unha historia moi vella a do Grupo San José: mercar políticos e sacar CUARTOS! Non hai moito máis que dicir! Agás levalo aos Tribunais e adelgazarlle a súa carteira ben defendida por Garrigues! ¿Por que non o intentamos? http://eskup.elpais.com/C1316157694...

2 Gamela

O de Aniceto ten gracia pois non oculta a súa estratexia ainda que disimula os obxectivos! Os Sicofantes na grecia eran cidadáns de certo prestixio que ofrecían a súa influencia para facer DENUNCIAS FALSAS que tiñan como finalidade meter a man na caixa do Tesouro de Atenas! Vamos que as cousas non mudaron moito en 26 séculos! Pandilla de mangantes! http://www.farodevigo.es/secciones/...

41 Jan -ir

Isto é que non pasa en ningún outro lado, somos o máis baixo literalmente unha república bananera ou pataqueira. Non me imaxino a 2 de TVE pechando porque os documentais e o cine clásico teñen menos espectadores que os programas broza de Tele5 e os do PP doutros lados ríndose nos foros.

40 Lobo

Estamos nunha dictadura do mercado capitalista, logo hai duas alternativas, agachar a cabeza e apandar con este sistema, ou darlle a volta e revirarnos na sua contra, deixemos de lairnos a fagamoslle frente a esta involucion.

1 Antón

Non exactamente, os mercados sempre foron especulativos e igoal que agora, o que estamos a vivir e grazas o neoliberalismo globalizador é unha perda dos mecanismos soberanos dos estados fronte ós mercados.

39 Gamela

Se o Jacinto Rey é o Tío Miserias ben faríamos os galegos en estar atentos ás vindeiras privatizacións de AENA (Alvedro e Peinador) para que o Grupo San José non leve siquera un can neste negocio! Onde as dan as toman! http://www.xornal.com/artigo/2011/0... ¿Seremos quén de conseguilo? http://eskup.elpais.com/1316506195-...

1 Gamela

Ke tal se lle facemos a puñeta ao tío miserias? http://chuza.gl/chios/5392 http://ir.gl/827e84 A ver se as Redes Socias serven para algo!

2 Gamela

Polo que respecta á "solidariedade" cos traballadores do Xornal habería que puntualizar algo máis: dende a derrota electoral de Quintana os COMENTARIOS en Xornal de Galicia foron CENSURADOS continuamente polos responsables do medio! E mesmo despois do peche da edición en papel, CONTINUARON COA CENSURA en tódolos comentarios que levaban o nome de Jacinto Rey! Así pois se foron fieis cancerbeiros dos intereses do seu amo, agora non é momento de grandes solidarierades! Todos sabemos filtrar mensaxes pero negarse a publicar as manobras do Tío Miserias no Xornal é xa algo típico das cabeceiras tipo Berlusconi & Cía. Non son propiamente xornalistas senon máis ben ASALARIADOS DO CAPITAL!

38 Boitre

Se fose máis decididamente galeguista, e non tan tendente o PSOE (os simpatizantes do PSOE xa len o País), se apostase decididamente polo galego e non ficase en augas mornas, se non tivese claudicado no caso Maropa, e se a Xunta non o secase mentres regaba medios afíns... entón ó mellor, e só ó mellor tería sido o medio que dicía querer ser.