Tamén pecha a edición dixital de Xornal

Os medios en galego ou cunha liña editorial crítica co PPdeG seguen morrendo. Trinta e oito persoas irán a rúa co peche da edición dixital da cabeceira da construtora San José.

Por Walter Burns | A Coruña | 19/09/2011 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

Adiantárono varios traballadores nas redes sociais e confirmouno PR Noticias. Antes de fin de ano pechará Xornal.com, segundo lle comunicou hoxe a dirección da empresa ao Comité que representa os traballadores.

None

O Comité, no que participan CIG e SXG, aínda non confirmou a noticia, que tampouco figura na portada da cabeceira coruñesa. Esta tarde está prevista unha asemblea dos traballadores, que até hoxe non se mobilizaron, na sede da Coruña. Segundo traballadores consultados, a edición dixital pechará o vindeiro 30 de decembro e a empresa fará os despedimentosdos 38 traballadores de xeito gradual.

Solidariedade de GC cos traballadores

A solidariedade do equipo de GC con todos estes compañeiros. Coa súa labor lograron insuflar aire fresco no mundo editorial galego, monopolizado na súa práctica totalidade pola sumisión ao poder político de turno.

A decisión do peche de Xornal.com non é unha sorpresa. O catro de agosto pechou a edición en papel de xeito repentino. A dirección da compañía mantivo en vilo aos asalariados até hoxe, pois non lles facilitou información algunha.

San José aplica o mesmo método de desmantelamento que en ANT

Hoxe os despedimentos foron comunicados por un grupo de abogados de Garrigues, un dos buffets máis caros do Estado, especializado en peches de compañías.

A Construtora San José contratou aos mesmos letrados  para botar aos traballadores do histórico semanario nacionalista A Nosa Terra. Os xornalistas desta cabeceira aínda teñen pendente por cobrar parte dos seus salarios e indemnizacións. A cabeceira viguesa tamén mantén débedas cos seus colaboradores.

O frustado grupo mediático do galeguismo próximo a Quintana

A construtora nacida en Pontevedra apostou forte polos medios de comunicación galegos tras a chegada do bipartito ao poder. San José rescatou a ANT dunha dificilísma situación económica e deulle nova vida. Porén, o proxecto acabou fracasando, a editorial foi disolta e o semanario sobrevive só en internet.

A edición en papel Xornal, tamén propiedade de San José, naceu moi pouco antes das eleccións que encubraron a Feijóo. Isto impediu que Xornal gañase peso na configuración da opinión pública galega a tempo de ser un factor relevante nos comicios. Ademais, o apoio do 'quitanismo' a Xornal alimentou a desconfianza das outras cabeceiras galegas, en especial de La Voz, cara o proxecto político que encabezaba o daquela vicepresidente da Xunta.

A partir de entón Anxo Quintana tivo que soportar continúas embestidas mediáticas, que culminaron coa polémica publicación da foto do político no iate de Jacinto Rey, dono de Xornal. Con Feijóo no poder, Xornal apostou por unha liña editorial crítica coa Xunta.

A culpa da Xunta ou da audiencia galeguista?

A empresa e o director-fundador de Xornal, José Luis Gómez, chegaron a un acordo para que este deixara o meido na pasada primavera, pouco despois das informacións sobre un mitin de Rajoy no Moropa, un barco dunha familia de narcotraficantes de Cambads. Xornal, que naceu como un proxecto moi próximo ao 'quintanismo' do BNG, achegou nos últimos meses a súa liña editorial ao PSdeG.

A recesión económica que afecta aos construtores, os avances electorais do PP, a posible vitoria de Rajoy o 20N e as escasas vendas da edición en papel (800 exemplares segundo PR Noticias aínda que Xornal nunca se someteu ao OJD) son factores que inflúen no peche desta cabeceira.

Xornal non era un medio en galego, pero usaba a lingua propia moito máis que o resto de diarios de pago. Dende que goberna o PPdeG en San Caetano xa morreron a edición en papel de A Nosa Terra, A Peneira, Galicia Hoxe, Vieiros e GZ Nación. Todos eles medios en galego e críticos cos conservadores.

Fronte as críticas da oposición, a Xunta nega calquera responsabilidade na fin destes medios e recorda o escaso apoio que recibiron até hoxe polas súas audiencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 130 comentarios

12 Miguel R. Domaio

Por favor, os que queiramos á nosa lingua non debemos caer nas provocacións de moitos activistas de dereitas que pululan por este foro. Hai que construír algo xa. Compren números de Tempos Novos, suscríbanse ao GC Plus eiquí ou denlle cartos a UPG para que nos monte GZ nación 2. Ningunha das alternativas é perfecta pero a outra opción é ver morrer a nosa lingua cos brazos cruzados. Así que menos entrarlle ao trapo ao manolos e máis sentidiño.

1 Masoca

¡Me apunto! ¿A quén hai que darlle os cartos?

2 cucha

Tes razón Miguel, se lle facemos caso os "manoliños" perdémolo tempo e fan falla as enerxías para buscar solucións intelixentes.

3 Miguel R. Domaio

"os que queiramos á nosa lingua non debemos caer nas provocacións de moitos activistas de dereitas que pululan por este foro". Arriba tedes outro exemplo con menos gracia que don Miguel de Unamuno.

4 bouzas

Darlle cartos á UPG? Estás de leria meu! Aínda estou esperando que os da secta, comezando polo Pucheiro, me expliquen que fixeron coas accións que nos venderon aos que confiamos no proxecto de ANT. Se cadra os inocentes recadadores veñen escondidos agora co nome de migueliños, e non son precisamente máis santos que os activistas de dereita que pululan polo foro, por empregar o seu modo. Tempos Novos ou GC, como Novas da Galiza, non son sospeitosos de venderse tan barato, pero da UPG non me falen...

5 Masoca

É que o meu e sofrer pola defensa da nosa língua...Repito: ¿a quén hai que darle os cartos?

11 Andamolho

Nada novo baijo o sol, outro insucesso mais do autonomismo e outro insucesso mais da politica de imitar nas formas, e o final no fundo, o que se dí combater, o mau e que parece que nom aprendemos dos proprios erros e no quanto de mirar cara umha Galiza no seu proprio espaço dedicamos-nos o cópia e cola estatal, imos de cú.

1 d3vm

Iso, ti imita os portugueses, que a patético non che supera ninguén.

2 Andamolho

E ademais de criticar-me a mim porque nao gostas do meu galego podes aportar alguma ideia para que Galiza nao fique difuminada no recordo do que foi em muito pouco tempo que é cara onde caminha a uma velocidade atroz?? Nao os pateticos isolacionistas desfrutades muito mais matando a Galiza pouco a pouco, né?

3 Lucense

Que achegue ideias esse tal d3vm? Muito pedir para um racista antiportuguês, colonizado mentalmente por Espanha. Poderá cuspir nos fóruns, mas nada mais.

4 Anda, volve ao "liceu"...

Patético é o teu portugués(?)-galego(?), donde escribes "baijo" en troques de "baixo", supoño que para "facer máis portugués", pero é que neste idioma tamén se escribe "baixo". Patético, patético...

5 Lucense

Patética é a tua pureza isolacionista que julga que os demais nascerom aprendidos após 500 anos de negaçom da nossa cultura. Patético o teu "donde", o teu "volve" e o teu "escribe", mestre das silveiras.

6 Andamolho

Patetico e criticar erros na escrita como unica critica, mas demostra que fica nisso no patetismo de preferir a morte do galego isolado antes de reconhecer que uma outra politica lingüistica e possivel. Nada machinho colga tudos os teus titulos academicos na parede e olha para eles cheio de razom polo puro que ti es mentres o idioma da Galiza fica cada dia mais minguado, eu mentres ti fas isso prefiro ir pouco a pouco empurrando a que a minha lingua seja uma lingua internacional ainda comentendo erros de quem nom naceu aprendido.

7 Andamolho

Esquecia, patetico e quem fachandea de ser muito perfeito e não e quem de se percatar do engano no que vive, mirate no espelho.

8 Anda,anda

Criticar a escrita dos demáis como "impura" é o primeiro que adoitades facer os reintegratas doídos (case todos), pero cando vos afecta a vós a cousa é que "ninguén nace aprendido". Non, pero vós sodes os primeiros (neste post tamén) en chamar patéticos aos que non partillan o voso pastiche de galego e portugués. E en chamar isolacionista a todo aquel/a que non siga o voso dogma. Dogma que, no fondo, non lle dá ao galego categoría de idioma, negao como tal, esa é a cuestión subxacente, non si se escribe (sic) con tal grafía ou tal outra.

9 Andamolho

Nao home nao, a sua escrita e muito pura no seu puro galego/espaÑol, e você dí que somos os outros quem lhe negamos a categoria de lingua o galego? meu rei o galego e a lingua da Galiza, que lhe lembro que nao e um espazo marcado polas fronteiras dos reis Catelhanos, a fronteira AUTOANEMICA esa na que acreditan muito dogmatizados vostedes os isolados no Ñ, Galiza tem uma lingua que no territorio espaÑolizado sufreo o brutal ataque do castelhano reducindo o seu uso a fala (en privado) e privada duma ortografia.Mas que importa nada disso ja vostedes os galegos puros e unicos nos ensinam o caminho os demais, ja nos corrigem as nossa gralhas e sentem a valentia de quem nom quere reconhecer o seu dramatico erro de caminhar cara o abismo.Siga asim, desfrute corrigindo-me vai ter muito trabalho,e eu terei o orgulho de lutar por um futuro para a identidade da Galiza neste reintegracionismo que vai mais longe da lingua.

10 Gestal

Es lo de siempre. Pecha Xornal.com porque la parroquia bloqueira apenas compra y consume los medios afines. Si Xornal vendiese 20.000-30.000 ejemplares sería rentable y estaría hoy en los quioscos. Lo mismo ha pasado con la web. Es así de simple y sangrante y no busquemos culpables en otros sitios o empresas.

1 PepéForever

Oh my jot! e isto barrenáchelo ti só? dende logo hai que ser moi iluso para pensar que a xente normal vai crer as idioteces que largades pola boca os iluminados marianos.

2 cucha

Xa que eres tan listo, explícalle a todo o mundo coma sobrevive " La coz de Galicia".

3 Gestal

La Voz de Galicia sobrevive ofreciendo información a cerca de 600.000 lectores cada día, con 14 ediciones locales, más de 350 páginas editadas a diario, casi 130 años de historia detrás y con una de las mejores plantillas de la prensa española. ¿Suficiente no? Eso de "la Coz" ya delata el grado de rencor del comentarista, algo tan habitual por eiqui. Siempre pataleando y bufando contra todo y todos. Ala, a merendar!

5 Máis cartos para La Coz

6 Sobervivir, sobrevivir...

9 Anxo

Eu nunca que dixen que isto ía durar por sempre...Unha aperta dende Brasil.

1 galego confiado

Que sexas feliz, e deixate querer polas pardas! Aquí seguimos esperando a túa volta como novo rico, confiaremos en ti outra vez para que nola metas dobrada! Dalle lembranzas ao tío Jacinto, esperamos que nos mande outro agasallo envolto en papel de xornal!

2 Lucense

Anxo da Guarda!Volta já, todos temos saudades tuas como de Gigi L`Ámoroso!

8 Jacinto

I'm sorry, guys, business is business.

1 Murdoch

¡That´s right!

2 Jacinto

See you later, dear guardian. I have much to learn from you.

3 Murdoch

You know the basics, my dear grasshopper.

4 Jacinto

His words move me, illustrious mentor. I do not deserve such kindness.