Libera di que cazar xabaríns a frechazos causará unha "lenta e longa agonía" aos animais

Acusa á Xunta de "desinformar" sobre a relación entre xabaríns e enfermidades en Lugo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2019 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber pediron este mércores á Xunta que non "desinforme" nin "xogue co medo social" para xustificar as batidas de xabaril en Lugo ante a posibilidade de que os animais teñan certas enfermidades.

En concreto, os animalistas apuntan que o caso máis próximo de 'Peste Africana Porcina' nun xabaril deuse na rexión de Etalle, na parte valona de Bélxica que linda con Francia, a máis de 850 quilómetros da fronteira española máis próxima.

Así responderon, a través dun comunicado, as entidades, despois de que a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, expuxese este mércores a "preocupación" no ámbito da saúde animal e humana, en relación con enfermidades como a peste porcina, a brucelose e a tuberculose, para xustificar estas batidas.

Fronte a iso, os animalistas lembran que "xa existe un Plan Nacional de vixilancia epidemiolóxica específico" para as poboacións de xabaríns, que analiza "miles de cadáveres destes mamíferos en busca de enfermidades como a propia PPA, sen que se detectou absolutamente nada".

Para este ano, indicaron estímase unha mostra de 200 individuos para Galicia nos que seguir realizando comprobacións, "a pesar da ausencia de casos próximos". Libera e a Fundación Franz Weber cren que "non existe ningunha xustificación científica nin ética" que avale "cazar a flechazos aos xabaríns" no termo municipal lucense, unha modalidade "extremadamente cruel, que provoca en non poucas ocasións unha lenta agonía dos animais, ademais da súa pésima eficacia en casos anteriores", como os rexistrados en Fene e Cambre en 2014 e 2016, respectivamente.

As dúas asociacións rexeitan que este "suposto protocolo no que non tomou parte ningunha entidade que defenda o medio natural ou os animais" poida "ser estendido a outros municipios onde se deron casos de incursión de fauna silvestre", ao entender que está "viciado" na súa orixe por "o lobby procaza".

Xabarín cazado con arco e frechas
Xabarín cazado con arco e frechas | Fonte: la caza del gran macareno

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta