Detido un home por cinco atracos en oficinas bancarias da Coruña e de Miño

O modus operandi coincide en todos estes casos: vestimenta semellante e arma de fogo en man.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2019 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional e da Garda Civil levaron a cabo un operativo conxunto no que foi detido un home como presunto responsable de cinco roubos con violencia en oficinas bancarias da Coruña e Miño.

Segundo informaron os corpos de seguridade, o primeiro deles produciuse o 8 de xuño de 2018 nunha oficina de bancaria da rúa Betanzos da Coruña. O autor do feito penetrou no interior da oficina bancaria a media mañá, "ocultando o seu rostro cunha pucha e unhas lentes, e esgrimindo un arma de fogo", relatan as mesmas fontes. Segundo din, esixiu aos empregados da entidade que lle entregasen o diñeiro, de maneira que logrou subtraer unha cantidade próxima aos 9.000 euros. Logo diso, fuxiu do banco.

O 21 de setembro de 2018 produciuse outro roubo con violencia nunha oficina bancaria no polígono da Grela da Coruña, cometido por un home cuxas características físicas e vestimenta "eran semellantes ás do feito anterior e que esgrimiu tamén un arma de fogo curta, pistola", sinalan. Nesta ocasión apoderouse de 6.000 euros.

O 17 de decembro de 2018 o mesmo home levou a cabo un atraco nunha oficina bancaria da rúa Juan Flórez da Coruña, onde intimidou os empregados cunha pistola e apoderouse de 6.900 euros.

EN 2019

No mes de xaneiro deste ano o mesmo autor, co mesmo 'modus operandi', levou a cabo outro roubo con intimidación nunha oficina bancaria da localidade de Miño, de onde levou 4.000 euros.

O último feito produciuse o pasado día 12 de febreiro nunha sucursal bancaria da rúa San Mateo da Coruña, na que se apoderou de mil euros.

Iniciadas as investigacións e postos en marcha os mecanismos de coordinación establecidos entre ambos corpos policiais, conclúese que a autoría destes atracos "corresponde, por modus operandi, arma empregada, características físicas e vestimenta, á mesma persoa".

As mesmas fontes explicaron que no rexistro domiciliario procedeuse á intervención de pezas e calzado utilizadas nos citado roubos. Por iso, os investigadores de Policía Nacional e Garda Civil coordinaron un dispositivo para "tratar de localizar e proceder, no momento oportuno, á detención do home investigado", concluíron.

Detido un home por varios atracos ocorridos na provincia da Coruña .. GARDA CIVIL E POLICÍA NACIONAL
Detido un home por varios atracos ocorridos na provincia da Coruña .. GARDA CIVIL E POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta