Tempos Novos presenta nova versión dixital

O Grupo Editorial Atlántica de Comunicación e Información de Galicia S.A. presenta o seu novo portal dixital cunha liña editorial "progresista e galeguista".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/10/2011 | Actualizada ás 01:28

Comparte esta noticia

Este grupo, que edita a revista mensual Tempos Novos, estreará nova web este xoves, temposdixital.com, tras una temporada de ausencia na rede.
Esta nova etapa web, que funcionará como unha revista dixital, estará coordinada polos xornalista Paulo Carlos López e Denís Fernández, baixo a dirección de Luis Álvarez Pousa, e nela tamén escribirá Comba Campoy.

Tempos Dixital será un "complemento" da revista, pero terá contidos propios para chegar a un "público máis amplo", xa que o lector medio de Tempos Novos soe ser unha persoa formada, de máis de 35 anos e con estudos superiores. Por iso, nesta nova etapa dixital pretendese achegar este medio a un público máis novo e universitario.

"Xornalismo de interpretación"

O seu estilo será coherente co da revista. "Será un xornalismo de interpretación e análise da actualidade e do día a día", comenta a GC, Denís Fernández. Para iso tentarán actualizar a web periódicamente, "con, polo menos, tres novas en profundidade á semana".  Ademais, na web tamén se publicarán os contidos da versión escrita.

O dixital afondará na liña editorial "progresista e galeguista", contará con novos articulistas, entre os que se atopan Duarte Romero, Xurxo González ou Arturo Losada, e unha sección de deportes. Fran Martínez encargarase da sección de Opinión e Sara Torreiro, de Cultura e Sociedade. Tempos Dixital tamén prestará especial atención ao uso das redes sociais para chegar a máis xente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

8 Antón

Xa teñen os frikis coma Casdeiro un sitio onde públicar as suas paridas de alimento de ego e sectas do 15M, paridas que os medios sensatos negaronse a públicar.

7 Manolo2

Vamos a lo importante. Lo que no acabo de entender es porque aquí se habla tanto de las subvenciones a la Voz y a otros medios (COSA QUE ME PARECE BIEN CRITICABLE) y no se dice nada de las subvenciones a chiringuitos de la UPG como A Mesa.

1 Hai que foderse!

"Lo que no acabo de entender es...". A novidade sería que el entendese algo.

2 Manolo2

¿Ya te has enterado de quien dirigió Volver a Empezar antes de intentar dar lecciones?

3 Hai que foderse!

Leccións son as que da el de ortografía. "¿Ya te has enterado de quien dirigió...?". Fáltalle o acento a quien. Que ignorante!

4 Foghete Patriot

E que coas subvenciós que chupan os de Galicia Bilingüe, as FAES, os da Red Madre, a Igrexa, os colexios católicos, Foro da Familia, a Fundación Franco, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Región, El Progreso, El Faro de Vigo, o citroneto de rallies do fillo do Cobian, as asociaciós de empresarios, o Dorribo, o sr. Correa, a Asociación Católica de Propangandistas, a Universidade de Navarra, o OPUS DEI, os peregrinos das viaxes do papa, os puteretes que se anuncian nas popas dos buses de Valencia, as corridas de touros, buuuuh! Mi madriña! E que non che damos abasto! Pero ti tranquilo que xa atenderemos o teu.

6 xanciño

E porque non dicides quenes son Dinís Fernández e Paulo Carlos López. Os dous vinculados directamente a Máis Galiza, especialmente, o segundo, que é o responsable de comunicación xunto con Bascuas, que tamén ten axudado a este novo proxecto. Ousexa, que vos esquecedes de dicir que Tempos Novos é o xornal de MÁIS GALIZA.

1 Miguel

Se fosen da UPG está claro que o dato non ía quedar no teclado. Pero iso resta mérito á iniciativa. Ogallá se consolide e teña unha andanza fecunda. É unha moi boa noticia.

2 Miguel

Descupas, quixen dicir: non resta mérito á iniciativa

3 Xosé Madarnás

Que uns profesionais, xornalistas formados na Universidade e con gañas de traballar no medio de comunicación que sexa, sexan aludidos non como o que son senón como militantes dun partido -que é algo persoal-, e de paso falsear a realidade dun medio, TEMPOS NOVOS, que nos seus case 15 anos de vida deu sobradas mostras de ter actuado como un contrapoder, tanto con Fraga como co bipartito como agora con Feijóo, paréceme absolutamente amoral, incívido, sectario e reaccionario. Por que se sinala a eses dous xornalistas e aos outros que tamén participan neste proxecto, que desde o punto de vista ideolóxico representan á maioría das sensibilidades progresistas do país? Suponse que é a través do propio produto, de como vaia funcionando a web, como se constatará con seguridade o que xa ten sobradamente demostrado a revista en papel dirixida polo mesmo director de temposdixital, Luis Alvarez Pousa

5 cheminha

Onte recibín o meu primeiro número da súa revista como suscriptor. Moi bo e moi interesante. Parabéns. Non agardo menos da súa web.

4 Preguntoiro

El nacionalismo mediático aplicando lo de la finquita. Primero dejan morir lo que hay (Vieiros, Galicia Hoxe, etc.), despues pasan de lo que sobrevive (de Luns a Venres) y finalmente cada uno se monta su propio chiringuito. Los de la UPG Sermos Galiza, los de Máis Galiza con el nuevo Tempos Novos y los disidentes de Filipe (si, el que iba montar un partido político nuevo) con Plaza. En definitiva, tan independientes como GZnación.

1 Respondedoiro

Por cierto, Marcos Pena (promotor de Praza) fue director de GZnación. No hay que olvidarlo.